![]() | SAN FROILÁN (Xulio Xiz) ¿QUEN ES, FROILÁN? Ó lado da Capela do Carme, na capital lucense, na década dos oitenta, a Escola-Obradoiro do Concello de Lugo colocou un monolito coa lenda: “NESTE LUGAR, CHAMADO REGUEIRO DOS HORTOS, NACEU NO ANO 833 O PATRÓN DE LUGO, SAN FROILÁN. Un báculo e un lobo son os elementos que completan esta lembranza ó padroeiro lucense instalada nun pequeno xardín que da á Rúa do Carme, e ven quedar prácticamente frente da porta máis antiga da muralla lucense: a Porta Miñá. |
Historia I
Un itinerario lucense en lembranza de Froilán podería comezar por visitar este monolito, para a continuación acudir á Catedral Basílica onde na súa fachada principal se observan dúas estátuas colocadas en cadanseu oco nos corpos das torres laterais. Na torre da dereita, a estatua do que se coida foi o primeiro bispo de Lugo, San Capitón ou san Cápito. Non existe a seguridade de que houbera algunha vez un Bispo de Lugo con este nome, pero a tradición así o quere, e ahí está a súa imaxe en lugar de honra do noso primeiro templo. Na da esquerda, San Froilán. Representado nunha estatua de pedra. Leva báculo bispal de metal, e ó lado un lobo cunha alforxa. O seu semblante na distancia -queda aló no alto- semella tristeiro. Situado diante da imaxe de Froilán, padroeiro lucense e leonés, xorde a pregunta, máis de mil anos despois da súa existencia. Quen es, Froilán?. Es realidade ou lenda?. Viviches nesta mesma terra que nós pisamos, ou fuches creación dos devanceiros que precisaban puntos de referencia para camiñar con soltura polos vieiros da vida.? Ben pensado, non me houbese importado que foses lenda, porque os pobos, coa súa sabedoría sen límites, a súa infatigable labor de creación, forxan mitos tan firmes como a mellor realidade. Pero non fuches, non, unha invención, senón un ser de carne e oso. Un home especial, ¡eso sí!, que conquistou ós seus contemporáneos e ás xeracións que os seguiron. E mesmo hoxe conquistas coa túa historia-lenda a cantos se achegan a ti, aínda que só sexa en plan de festa. Digo historia-lenda conscientemente, porque ainda que fuches realidade, santa realidade, moito da túa vida pérdese na lenda, e os pescudadores do teu vivir camiñan -déixanse ir- polo gratificante mundo da ilusión. Mil anos despois, é imposible achegármonos a ti de xeito directo. Pero sí é posible camiñar sobre as túas pegadas. Reflectir que se sabe -que sabemos - do teu paso pola vida. Os teus biógrafos non o tiveron nada doado. Ata pasado o promedio do século XVII non había máis noticias que os antigos Breviarios onde sacar noticias fidedignas sobre o Santo lugués. As catedrais de León, Lugo, Palencia, Zamora, Burgos, Santiago e a Orde cisterciense tiñan Leccionarios co Oficio propio de san Froilán. A súa antiguedade é moi grande, segundo da mesma letra se deduce. No século XIII copiouse o de Lugo, que no seu arquivo catedral se garda, e antiquísimo é o de Leon. Pode dicirse que reproducen as loubanzas litúrxicas que se lle tributaban no mesmo siglo en que cambiou esta vida pola da groria.(5) Nas páxinas que seguen pretendo explicar friamente -se é posible abordar friamente a vida de Froilán- o que se sabe e o que se elucubrou, da historia-lenda do Santo Froilán. Quede constancia, agora no comezo, que tentei recopilar o máis sobranceiro do que se dixo sobre o noso santo, enlazando cando é posible entre sí as diversas opinións, para dar unha visión de conxunto do impacto deste lucense-leonés de hai máis de mil anos, que se nos presenta actualísimo, amigo, irmán, e do que sen embargo tan só sabemos por lonxanas, garimosas e case míticas referencias. Un experto atoparía nos textos que seguen material para un estudio meticuúloso; amplísima materia para como cun bisturí diseccionar a posible realidade do mito ou lenda. Pero eu non son un experto senón un ademirador de Froilán, como a inmensa maioría dos estudiosos que investigaron, especularon, coñeceron ou inventaron, para explicar o especial engado do noso santo. Sobre todo o de que Froilán chega a nós, a este tempo noso, saque cada quen a súa conclusión. Obteña cada quen a imaxe de Froilán (santo), que mellor acomode ó seu sentir. Porque se Froilán, coa súa vida e o seu exemplo, provocou excesos e desatinos, Quen son eu para menospreciar tradicións ou elucubracións por fantásticas que parezan?. Ilusionou a tanta xente no decurso do tempo, que lóxico é reflectir o resultado desa ilusión. Deixémonos ir, pois, cos ilusionados, cos engaiolados por Froilán, polo camiño da ilusión, que dura xa mil anos. XOAN DIÁCONO Gracias a Xoan Diácono sabemos moito, case todo o que temos, sobre San Froilán. E todo porque lle deu por escribir nun vello libro da catedral de Leon a súa historia. Desa fonte bebemos todos, e a ela hai que acudir para saber algo da vida de Froilán. Este valiosísimo documento estivo moito tempo descoñecido. Pero, ó fin, coñecido e recoñecido, é pedra vital da lembranza de Froilán, bispo Santo, Señor da Terra Lucense. Esta biografía de San Froilán Aaparece na Biblia Gótica da catedral de León, acabada de escribir o ano 920. Atribúese ó escritor deste códice, Xoan Diácono, que a insertaría despois desa data, digamos hacia 930. Non está de todo completa, por falla de espacio, pero aparece por enteiro noutro códice da mesma catedral, nun Leccionario litúrxico do século XII. (6) Iníciase coas palabras De ortodoxo viro froiane legionense episcopo, e está escrita nos espacios libres do folio 101 entre os libros de Job e Tobías.../...Está redactada nun bo latín e permaneceu descoñecida ata finais do século XVIII en que os frades benedictinos Domingo Ibarreta e Pablo Rodríguez, nunha consulta rutinaria do Arquivo da Catedral de León, atoparon esta grata sorpresa, que veu traer nova luz sobre a vida do noso santo e disipar moitos erros que se tiñan verquido ó historialo, principalmente por confundilo e atribuirlle a vida de outro bispo posterior, coñecido co nome de Froilán II, que comezou a rexi-la diócese lexionense o ano 990 e morreu no ano 1006, polo que se lle convertía en máis que centenario. (7) Xoan fora axudante de Froilán no mosteiro de Tábara, e con el foi para León para fundar - con outros amanuenses- un scriptorium, do que saíron códices con fermosos debuxos e primorosas letras. Entre os moitos traballos ós que se dedicou, o que o fixo pasar á posteridade foi a Biblia Gótica Legionense, por el copiada o ano 920. Non só pola fermosura da obra senón porque nela, en tres columnas en branco, escribiu a vida do Bispo Froilán, polo que evidenciou unha grande devoción. O escrito de Xoan dí así: “Houbo un varón de vida venerable. Froilán, bispo, nado nos arrabaldes de Lugo, en Galicia. Desde a infancia foi educado nas santas disciplinas. Temeroso de Deus, e apartándose do mal, elevaba o seu corazón sempre ó alto, para poder mellor contemplar ó Señor. A cotío examináúbase das súas miserias, para que o extraordinario da súa santidade non o arruinara precipitadamente. Cheo de fe e de boas obras, ía subindo de virtude en virtude, como bo negociante, co tesouro do Señor no seu corazón. Sendo de 18 anos, empezou a sentir ansias de soedade, coidando, para sí, se lle sería lícito adicarse ó oficio da predicación, para ensinar; ou se podería escoller unha vida de ermitaño Sentíndose, por unha parte, vaso de elección, predestinado a iluminar a moitas xentes, e por outra con animo para vivir sempre contemplando a Deus, meteu na súa boca carbóns acesos para probar se lle queimaban que era vontade de Deus que non se adicase á predicación; e , se saía ileso da proba, que era sinal de Deus que os seus labios debían anunciar ós pobos a mensaxe divina. Por gracia de Deus, e en premio á súa piedade, de tal xeito salíu ileso, que nin siquera sentiu o calor do lume. Por elo xulgou como vaticinio para sí aquela sentencia do profeta: “As palabras do Señor son palabras castas, purgadas polo lume, como a prata, sete veces. Este primeiro miragre realizouno o Señor para que o seu servo empezase seguro o oficio de predicador. Non moito despois, indo de viaxe, á caída do sol, ó final do día, nas tebras da noite, deitado, en oración, viu, no medio dun esplendor refulxente de claridade a pesar da noite, dúas pombas que competían en voar cara el, unha de cor vermella e outra de cor branca coma a neve. Sen tempo para reaccionar da súa sorpresa, metéronselle na súa boca. E unha produciulle sensación de calor; e a outra, sensación de mel. Quen non deduce que con tal visión quedou cheo do Espíritu Santo”. Desde entón, é dificil describir as maravillosas palabras que saíron da súa boca para ensinar ás xentes. A lengua humana non puidera de ningunha maneira pronunciar unhas palabras tan doces, tan suaves e, ó mesmo tempo, tan elocuentes. Non houbo ninguén que, oída a súa predicación, ó instante non se convertise ó Señor, deixando as súas ideas e costumes mundanas. Aínda que recorría as cidades predicando incesantemente a palabra de Deus, tiña sempre a alma elevada ó Señor, fuxía das prazas públicas, buscaba lugares inaccesibles, desertos, e despreciaba os favores e loubanzas humanas. Esto explica a súa afición ás rochas escarpadas e ós collados impenetrables que atopaba, ninguén sabe como, para retirarse de cando en vez e aillarse do mundanal ruído. Nesta soedade tivo como colega a San Atilano, con quen pasaba as horas meditando na Sagrada escritura. Desde este ermo foise á falda do monte Cucurrino e alí construíu co seu colega unha cela para vivir. E, como unha cidade posta no alto dun monte non se pode ocultar, extendeuse axiña a sona da súa vida por toda a provincia. Con frecuencia ó seu arredor reuníase xente de ámbolos dous sexos, magnates, pontífices, clero e pobo de todas clases, que temían a Deus. Buscábaúno para escoita-la mensaxe divina. Despois de iluminar a todos coa luz verdadeira, Froilán fortemente coaccioúnado pola multitude do pobo crente no Se–or, que lle pedía que baixara á planicie da cidade de Veseo e que edificara alí un cenobio, en onde se alimentaúra á moitedume con alimentos espirituais, coa gracia de Deus edificou un mosteiro con 300 celas para 300 frades que congregou para loubanza do nome de Deus. Con esto demostrou posuir moitas virtudes. A sona desas virtudes chegou a toda España. Ainda que tarde, tamén chegou ós oidos do rei Alfonso que gobernaba desde Oviedo o Reino dos godos. Este enviou nuncios a Froilán, pregándolle que se presentara no seu palacio. Profundamente ademirado diante dun home adornado con tanta santidade, tan cheo do Espírito Santo e da divina gracia, entonou loubanzas ó Se–or por ter un servo tan apto para dirixi-las almas dos crentes. Enriqueceuno; colmouno de honras; e deulle facultade para recorre-los seus reinos na percura de lugares aptos e xeitosos para construir mosteiros que congregasen baixo unha santa regla de disciplina ás turbas populares. Entón edificou o mosteiro de Tábara, onde congregou seiscentos servidores de Deus, de ambolos dous sexos. Logo buscou outro sitio, perto do rio Esla, en lugar alto, onde construíu outro mosteiro, ó que levou, e constituiu baixo unha disciplina regular, a 200 frades. Estando o rei ademirado de como medraba a gracia de Deus no seu servo, empezou a oirse o clamor do pobo que pedía a Froilán para bispo de León, a nosa cidade. O Rei aledouse ó oílo, porque facía moito tempo que vi–a traballando con el para que recibira a dignidade sacerdotal e non o ti–a conseguido. Constre–ido e coaccionado polo Rei, Froilán defendeuse insultándoo con palabras duras e resaltando a súa indignidade; para o que asegurou que era un mal frade e que mesmo ti–a fillos. Por fin, á forza, deixouse ordenar para a sede de León e Atilano para a de Zamora. Recibiron os dous, xuntamente, o sacerdocio pleno, o día de Pentecosútés. Dúas lucernas postas sobre candelabros, alumaron tódolos lindeiros de Espa–a, predicando a palabra divina. Desde entón, medrou moito a santidade e gracia dos dous para ensinar a todos: frades, cregos e laicos. Este varón de Deus, cheo do Espíritu Santo... Ata aquí, o que Xoan Diácono escribiu no libro. E que serviu de fonte para tódolos que vi–eron despois: Pelayo de Oviedo, o Tudense, o Toledano... Tamén os breviarios se inspiraron nel: O Breviario Gótico de León, o de Palencia, Santiago, Lugo, Burgos... Para algúns autores, esta inclusión de Xoán Diácono, pola letra que semella de caracteres máis tardíos- sería posterior á data que se supón, polo que resultaría ser de autor anónimo. Julio Prado indica que polos copistas era corrente deixar páxinas en blanco nas Biblias para comentarios ó texto. O Diácono Xoan aproveitou o espacio - algúns falan de “travesura”- pero non lle chegou de todo. O texto completo - exacta transcrición e continuación- aparece nun breviario posterior. “Vese que o que deixou de escribir fíxoo noutro que se perdeu, pero houbo un copista que o fixo enteiro nun Breviario. Este breviario, ademáis do xa indicado, prosigue a historia ata o final e conclúe así: vixit annos 73; 5 ex eis Episcopale gessit officium. Obiiet era 943". De onde se colixe, segundo Risco, que Aestas leccións copiáronse do orixinal gótico no que a historia do Santo estaba rematada, e que alomenos debía ser tan antigo como o fragmento da Biblia”. E decíndose alí que san Froilán foi cinco anos bispo e morreu na era de 943, ou sexa no ano 905, claro está que é distinto do bispo Froilán, que foi 9 anos, e morreu un século máis tarde”. (5) O NOME: FROILÁN Querendo saber de Froilán, o primeiro a ter en conta podería ser o nome, o que este nome parece significar: Se–or. En "1.000 nomes galegos", aparece Froilán como un termo xermánico, que ven significar "Terra do Se–or", mentras que no "Libro de los Santos" de Andrés Pardo e José Angulo, atribúeúselle o significado de "Se–orito". Por fin, no "Diccionario de nomes galegos" dirixido por Xesús Ferro Ruibal, indícase que se trata dun nome xermánico, formado por "Frauji" (Se–or) e "Land" (terra ou patria). Terra do Se–or, ou Se–or da Terra. No caso do Froilán de Lugo poderíase calificar -en versión ben libre- como o "Se–or da Terra Lucense". "En autores e documentos antigos escríbese o seu nome como Froila, Froilano, Fruela, Froyán, Froilavino, Froilo, Florán, Floreán e Florián: o autor da Hispana Ilustrata chámalle Fruyan. O uso fixo que o y grego se cambiase por i latino. Na nosa historia, ós Reis, príncipes e nobles que como o padroeiro de Lugo ti1?2an por nome Froylanus dáselles en romance o nome de Fruela” (5). E aínda atopamos como sinónimos Froilla, Froia, Froyan, Froiano, Froilaúrius, Froilatius, Floriano... E, en feminino: Froileuva e Froilana. Polo visto, era o nome de Froilán bastante común no seu tempo. "Un fillo de Alfonso III, rei no tempo no que foi elixido bispo San Froilán, chamábase Froilán tamén, e ocupou o trono á morte do seu irmán don García. Era nome moi común, pois tanto se daba en nobles como plebeios.../... Tamén lembramos ter visto o nome de Froilán aplicado a territorios e térmos. En documento do Rei Alfonso o Casto, do ano 832, menciónase entre as provincias que antes pertenceron á igrexa de Santa María de Lugo, e a cambio de riquísimas doazóns rexias se transferiron enton á de San Salvador de Oviedo, a de Froylani; e noutra carta de doazón do mesmo rei á expresada igrexa lucense, en 841, enuméranse os mui–os in arroyo Lusinis, Froylani vocitatum". (5) Na actualidade, unha parroquia do concello lucense de Sarria leva o nome de "Froián". En Lugo, o nome de Froilán non é hoxe moi usual. O máis destacado do que hai lembranza en Lugo foi Froilán López e López, nado o ano 1900, que foi crego e profesor de latíns no Instituto Masculino de Lugo, ademáis de Director deste Centro. O máis famoso Froilán da actualidade é, sen dúbida, Felipe Juan Froilán de Todos los Santos, fillo dos Duques de Lugo, que ven sendo coñecido polo seu terceiro nome, e que establece un especial vencello entre esta parella da Familia Real coa capital lucense. Sen dúbida, o nome foi - é - toda unha deferencia tida connosco, os lucenses. Curioso resulta o feito, parece ser que derivado da sona do pequeno Froilán, de que na Catedral lucense se aprecia un aumento na devoción ó santo, contando a súa capela cun maior número de visitantes. Diante deso, ata se ten aumentado a iluminación para mellor poder renderlle culto. En León, o nome de Froilán é bastante corrente, habendo toda unha tradición de bautizar nenos co nome do padroeiro da Diócese e da Cidade. AS DATAS No que case tódolos autores ve–en estar máis ou menos de acordo é que Froilán naceu en Lugo o ano 833/832 e morreu en Leon no 905 (Fr. Gumersinúdo Placer indica que foi "polo ano 832", o mesmo que o P. Croiset no A–o Cristiano). Historiadores hai que opinaron -dacordo cun erro moi extendido- que o nacemento puido ser no 933, e o P. Mariana menciona a aúa vida no S.X, pero todo parece indicar que a primeira das cifras é a correcta. E cando se ten mencionado o ano 933 confundiuse nome e santidade con outro Froilán, que corresponde con esa data, bispo leonés tamén, e que algúns denominan Froilán II, precisamente para diferencialo. No Episcopoloxio Lucense dise que "No ano 832, nun arrabalde da cidade de Lugo, naceu o que máis tarde foi bispo de León, antes grande promotor da vida monástica que el observou durante medio século, o glorioso San Froilán, oráculo do reino cristiano na segunda metade do século IX". (4) Julio Prado abunda nesta data e decántase polo 832 como ano do seu nacemento. Ese Froilán de comezos do século XI, veu provocar quebradeiros de cabeza, a non poucos estudiosos. Fróilán, bispo, rexíu a diócese de León, e Adous séculos despois, os escribanos cistercienses e benedictinos, ó transcribi-lo rezo de san Froilán, confundírono co noso santo. E eso foi causa de que se deformaúra case totalmente a súa vida. Tanto que, no século XVI, San Froilán máis ben semellaba un santo lexendario. A confusión que crearon os libros litúrxicos desorientou mesmo ós historiaúdores máis serios. E non rematou ata que a mediados do século XVIII, os PP Benedictinos Domingo Ibarreta e Pablo Rodríguez descubriron e publicaron a travesura de Juan Diácono. Con elo, fíxose luz de novo sobre a vida de San Froilán. Desde entón, con contadas excepcións, as biografías apócrifas de San Froilán quedaron e quedan opacadas e refutadas polos biógrafos auténticos. (2) O tempo de Froilán, pois, queda marcado no comezo polo ano 833 (ou 832) e no remate no 905, co seu pasamento, cando levaba cinco anos sendo bispo de León. "No seu tempo, tempo de asonadas guerreiras e correrías de mouros, a matriz galega deu vida a moitos fillos insignes cheos de gloria e renome. Pra tódalas cortes e paises voaban os nosos xograres, capitáns, bispos, sabios e santos. Os cami–os do noroeste espa–ol eran lonxa de letras e sabedorías novas que ían despertando do seu sono ós pobos adurmi–ados nas fogueiras devastaúdoras que deixaba o mouro nas súas racias". (1) Tempo tan lonxano non foi - nen antes nen agora - doado para os investigaúdores. "A única Historia de San Froilán é a escrita por Frei Atanasio Lobera, natural de Herce, xunto de Calahorra, frade de San Bernardo.../... Queixábase o P. Yepes do dificil que é entresacar da obra do P. Lobera o referente a San Froilán, e o P. Lobera queixábase do dificil que foi recoller na historia de Espa–a novas seguras atinxentes ó seu propósito". (5) Sobre a cronoloxía do Santo Froilán, non houbo problemas ata o século XVI, en que empezan a aparecer traballos sobre el que pretenden aclarar - e compliúcan - as cousas. Seguindo a Sánchez Pagín, reflectimos as etapas máis sobreúsaíntes deste proceso: - 1530 (aprox).- Marineo Sículo publica "De rebus memorabilibus", onde di que Sancto Froylano foi Bispo de Leon "no tempo dun rei de León que se decía Don Alfonso". - 1586.- Ambrosio de Morales publica na súa "Crónica General de Espa–a": Acousa é moi común en Castela ter a San Froylán, bispo de León, por do tempo do rei don Alfonso o Casto(de Oviedo) - 1588.- Alonso de Villegas, en “Flos Sanctorum" di que morreu no 875, ós 63 anos de idade. - 1578-1592.- Este é o tempo en que Francisco Trujillo foi Bispo de León. Escribiu unha historia da diócese, inédita, na que tenta probar que San Froilán se confunde con Froilán II (Bispo do 992 ó 1006), aínda que admite a posibilidaúde de que vivise en tempos de Alfonso III o Magno. - 1596.- Atanasio de Lobera, frade cisterciense, na "Historia de las Grandeúzas de la ciudad y Iglesia de Leon y de su Obispo y Patrón San Froilán", segue o cami–o de Trujillo e crea escola entre bo número de seguidores, entreles Yepes ("Crónica General de la Orden de San Benito"), Argaiz ("Soledad Laureada"), Heredia ("Vidas de santos de la Orden de san Benito), Bucelin (Annales Benedictini" e "Menologium Benedictini"), Wion ("Lignum vitae") e Mabillon ("Acta Santorum O.S.B."). Os xesuítas belgas, historiadores dos santos antigos chamados Bolandistas, polo fundador, publicaron o ano 1768 en Amberes, o tomo III de outubro das súas Actas Santorum, e no mesmo trataron da vida de san Froilán, no día cinco dese mes. A semblanza que dan aseméllase moito á que dan Tamayo e Mabillón. Non puideron desfacerse do embrollo de Lobera. Digno de especial mención é tamén Juan Tamayo Salazar, que no seu Martyrologium hispanum, tomo V, publicado en Lyon o ano 1653, ofrece unha biografía bastante extensa nunha limpa dicción latina. As súas teses son as mesmas de Lobera. Ó mesmo tempo que os Bolandistas publicaban en Amberes esta biografía, cos sabidos erros do cisterciense Lobera, traballa no arquivo da Catedral de León un dilixente e estudioso arquiveiro e coengo, Carlos Espinós, que por medio do exame dos códices e dos pergameos alí existentes, opúxose á corrente de opinión entón común e situou correctamente ó santo no seu propio tempo, é dicir: “no reinado de Alfonso III..../... Con este pacente labor do humilde arquiveiro Espinós, o P. Risco ti–a xa aberto o cami–o para a redacción da súa nova historia da igrexa de Leon, contida e publicada nos tomos 34, 35 e 36 da Espa–a Sagrada”. (6) Pechan esta longa relación Pedro Alba, Posadilla, Cotarelo Valledor, López Peláez, Pérez de Urbel, Palomeque, José González, Julio de Prado... que non dubidan de que o noso San Froilán é aquel no que nós cremos e coidamos ter pefectamente situado na historia. O absurdo desta opinión vese a moi pouco que se fixe a atención. Don Pelayo, bispo de Oviedo, a fins do século XI, refire que as reliquias de Froilán foron sacadas de León a finais do século X, diante do temor de que, como sucedeu desgraciadamente, as tropas sarracenas se apoderasen da capital. ÀÉ posible que se Froilán estivera vivo entón e continuara vivindo no undécimo século, D. Pelayo, que estaba tan perto dos sucesos, os trastocara de tal sorte que afirmase ter sido sacadas as reliquias de quen viviu algúns anos aínúda?.../...A única razón en que se fundan Lobera e os que o seguen para asegurar que San Froilán foi o bispo Froilán que en 992 sucedeu a Savarigo e gobernou varios anos despois da toma e ruina de León, consiste en que hai moitas escrituras asinadas por FROILÁN BISPO DE LEÓN, desde aquela data ata 1006. Pero constando que un século antes houbo un Froilán, bispo de León, alóxica só autoriza para concluir que dous bispos de León tiveron o mesmo nome de Froilán. (5) Se o P. Lobera tivese examinado máis cuidadosamente o arquivo da Catedral de Leon, non tería caido en erro de tanta monta, facendo errar ós sucesivos historiadores. pero el mesmo confesa, no seu libro, o pouco tempo que a esto adicou, e por eso dicía que ti–a que cami–ar "a tento, polo aparente cami–o das conxeturas". De ter atopado a Historia de San Froilán, de Xoan Diácono, non ousaría de acusar de erro a tódolos Breviarios e historiadores.../... Ademáis, na mesma historia dise que foi elixido bispo no tempo "do Príncipe Alfonso, que gobernaba en Oviedo o reino dos godos", o cal non pode ser outro Alfonso que o chamado O Magno, morto en 910, pois o seu fillo Ordo–o trasladou a Corte de Oviedo a Leon”. (5) O REGUEIRO DOS HORTOS "Houbo un varón de vida venerable. Froilán, bispo, nado nos arrabaldes de Lugo, en Galicia..." Onde se supón era o Regueiro dos Hortos, está o monolito que lembra a Froilán. E precisamente, a prolongación da rúa inmediata, cando chega á Segunda Ronda, leva o nome de "Regueiro dos Hortos", sendo na actualidade no seu último tramo, só eso: unha pequena corredoira ou Regueiro chamada á consunción, pola fiebre constructora que impera nas cercanías. "Non obstante o lugar exacto do nacemento parece que non é este da Praza do Carme, senón uns trescentos metros máis abaixo, á beira da antiga vía romana Lucus-Iria, que na idade media foi ruta de peregrinos a Santiago". (7) Onde está o monolito ou máis baixo, o caso é que moitos son os que coinciden en sinala-lo Regueiro dos Hortos como lugar do nacemento de San Froilán: Desde o Coengo Pallares en "Argos Divina" ó P.Risco en "Espa–a Sagrada"... Amador López Valcárcel sinala que o tema do Regueiro dos Hortos é moderno, orixinado a partir de Pallares, xa que os textos antigos que hoxe recibimos falan dos "arrabaldes de Lugo". Xoan Diácono dí que naceu nun “suburbium”, pero este vocablo non ti–a entón o mesmo significado que na actualidade, senón que se entendía nun senso moito máis amplo. "Nun diploma de Celanova do ano 927 fálase da restauraúción de Santa María de Logio, vila situada entre o Mi–o e o río Logio, in territorio Gallaeciae, suburbio Lucensi. Esta vila distaba un tanto da cidade de Lugo. Máis distaba a vila de Lourenzá, da que tamén se dí que se atopa in suburbio Lucense" (6). Julio Prado Reyero, cando o visito na súa parroquia de Sabero, no León monta–és, indícame que coida que san Froilán puido ser nado na zona de Ruitelán, onde goza de gran evoción, lugar que a familia do Santo puido ter en Se–orío e el logo levalo ó Bispado de León. Por este lugar, do arcedianato de Triacastela, sen saberse os motivos, litigaron longamente as dióceses de Lugo e León. No caso de que tivese nado no Regueiro dos Hortos, o que non está claro -ou no que os autores se recrean sen poder chegar a conclusión de nengún tipo - é se o Regueiro dos Hortos era ou non unha "zona céntrica" e se a familia de Froilán era dunha certa alcurnia. Castro Freire fala dunha "humildísima casa" no calexón do Regueiro dos Hortos, extramuros da cidade, entre as Portas Mi–á e Puxigo, da Muralla lucense; e Cesáreo Gil Atrio menciona como "un arrabalde da cidade de Lugo" este Regueiro. "Quizais a casa natal puido estar situada entre as poucas que bordearían o que moi axi–a ía se-lo Cami–o Francés das peregrinacións xacobeas, e antiga calzada romana que unía a Lugo con Iria e outros puntos suroccidentais do seu convento xurídico". (3) O Cabildo lucense, en sesión de 1747, sinala que "segundo a tradición antiga, foi o seu nacemento do lado dereito de dito Regueiro dos Hortos, onde cae e desauga a fonte que chaman de San Froilán". (5) Suponse que Froilán foi bautizado na Catedral lucense. E no máis puro terreo da especulación éntrase cando os autores abordan o tema da familia. Fálase de que puido ter uns pais nobles (Piadosos e nobles, di o Breviario), chegando a dici-lo Bispo Trujillo "que debera de ser dalgunha rama da Casa Real, xa que houbo reis Froila, e dese tronco sería san Froilán"(7) "Frodanio e Froila. Así dí Pallares que se chamaban os pais do noso santo. E que pertencían ó nobilísimo linaxe dos Lugos. A noticia de falso cronicón nos hule este dato. Se tan noble era a súa estirpe, e se é que a tal familia dos Lugos existía xa no século IX, xa poderían ternos dito tamén que a súa casa era unha das mellor situadas dentro do recinto amurallado”. (3) “Costa admitir que entón, cando os nobles habitaban en castelos rochosos e se refuxiaban detrais de fortes murallas, unha familia de abolengo vivise nun arrabalde de Lugo, fóra das súas murallas ciclópeas, no Regueiro dos Hortos. E resulta moi dificil venerar como santa unha muller da que a santidade non ten máis fundamento histórico que o dun sepulcro moi artístico onde se cre - non consta- que repousan os seus restos". (2) "Dase por feito desde moi antigo que tivo outro fillo a nai de San Froilán, e que del é un sepulcro que se conserva na Basílica lucense. Así se consignan con estas palabras nas Constitucións das Cofradía do Padroeiro de Lugo: Nela -na Catedral- están enterrados sua nai dona Froila, nun sepulcro de alabastro, xunto ó coro dela, ó lado do Evanxeo, e un irmán seu xunto da capela maior.../...O P. Lobera di sobre o sepulcro do irmán de San Froilán o seguinte: Hai poucos anos que para asentar unha reixa que se puxo na mesma capela, foi necesario baixalo - que dicen estaba levantado un estado sobre a terra- e por esa ocasión abriuse. Afirmáronme os que alí se atoparon, que estaban os osos tan blancos e lindos, que era marabilla; e que era de tan larga estatura aquel corpo, que os homes moi grandes deste tempo foran pequenos xunto del". (5) Sobre os restos do presunto irmán de San Froilán, Adolfo de Abel Vilela sinala que, posiblemente, sexan os correspondentes ó sepulcro "aparecido na última restauración, pertencentes ó bispo Don Pedro I". NENEZ E MOCIDADE Se dificil é reconstruir a etapa de madureza de Froilán, onde a santidade se manifestou con toda intensidade, a nenez é unha etapa ben dificil de pescudar. ÀComo sería a nenez de San Froilán.?.. Especulan os autores que iría frecuentemente á Catedral lucense, que queda moi perto do Regueiro dos Hortos... Entraría pola inmediata Porta Miñá ou do Carme... Ou pola que hoxe se coñece como De Santiago, que entón era a Do Puxigo, un paso estreito. No Ano Cristiano escríbese: "Os seus pais apartárono con coidado daqueles tratos e compa–as que adoitan ser o escollo da inocencia, e onde os costumes comezan a contaminarse para sempre. O ceo dotara ó noso santo dun natural feliz e dunhas disposicións como as podía apetecer a mesma virtude. Dócil de xenio, humilde de corazón, apacible nos seus modais e inclinado naturalmente ó mellor, prestábase como unha blanda cera ás santas instruccións que lle suxerían" (5). A maioría dos biógrafos coinciden en supo–er unha intensa formación relixiosa recibida na capital lucense, xa que "Non pode porse en dúbida que os bispos de Lugo no tempo de San Froilán terían como unha especie de Seminaúrio, ou escolas onde os futuros cregos aprenderan o necesario para exerce-la súa santa profesión e instruir ós fieis."(5) E, claro está, coa traxectoria que logo levou, ti–a que ser un alumno excelente: "Nada nos extra–aría que fose un bo pupilo da escola que os frades-coengos sosti–an na Catedral". (3) "O primitivo narrador da vida de San Froilán (Xoan Diácono), califícao de "instruído desde a súa infancia nas santas disciplinas". A lección posta no breviario espa–ol por Paulo V asegura que "desde os primeiros anos se aplicou ó estudio das sagradas letras". Os autores de "El Cristianismo y sus heroes", contan que "atopou máis gosto que nas humanas, nas letras divinas, e ó estudio destas se adicou con preferencia, sen que por eso deixara de sobresair naqueúlas". E non faltan os que formalmente din que en Lugo estudiou latín e humanidades, e saíu moi aproveitado en estas e outras asignaturas". Porque o que sí todos están de acordo é que "que o santo pasou os anos da súa nenez e da súa mocidade, alomenos en Galicia. E polo tanto temos que imaxinar que foi educado en Galicia.../... podemos pensar que fora educado na escola bispal de Lugo. Na mesma provincia de Lugo había outros centros de formación, como os conventos de Samos e de Lemos, onde o santo puido ser educado" (6). Aquí é momento xa de menciona-la grande dúbida sobre se Froilán recibiu ou non Ordes sagras na súa mocidade: "A idade para ordearse de subdiácono era a de 18 anos, polo que ben puido o noso santo ter recibido ordes maiores antes de sair de Lugo. Don Antonio Zapata, no século XVII, deixou escrito que San Froilán fóra coengo en Lugo. Sería moi de creer se demostrase o seu clericato antes de sair da cidade.../...Postos a imaxinar, algúns como o Doctor Pallares din, e é o máis natural que así en efecto fose, que san Froilán era moi dado a venerar á Virxe nas súas efixies; e supo–endo que xa entón existise a actual imaxe de Nosa Se–ora dos Ollos Grandes ("primeira imaxe que se co–ece en Galicia, a segunda de cantas hai en Espa–a, e sospéitase se-la primeira"), engade que dela cordialmente se despediu ó partir ó deserto; e que a imaxe de pedra que fixo labrar no mosteiro de Moreruela que fundou, foi en memoria desta imaxe para tela presente. (5) O P. Quintín Aldea Baquero escribe que Froilán en Lugo "recibe durante os seus primeiros anos as ensinanzas que os concilios esixían ós candidatos ó sacerdocio" mentras que o P. Pérez de Urbel afirma que "a súa preparación foi no deserto, como a de san Xoan Bautista". E é o mesmo Aldea Baquero quen sinala que "ó chegar ós 18 anos, a súa vida interior entrou en crise. Dudou entre a vida retirada do deserto ou a actividade apostólica. O futuro fundador de cenobios e grande predicador de moitedumes opta pola soedade dos montes. Os espíritus superiores toman persoalmente a iniciativa da súa vida e Froilán quixo consagrala totalmente á familiaridade íntima con Deus. "Moi mozo aínda, cando contaba dezaoito anos, Froilán deixou o mundo e foise a terras de León, adicándose de cheo a un vivir cenobita e penitente. Cóntanos un biógrafo que certo día meteuse Froilán na boca un pu–ado de carbónsardentes que a purificaron sen queimala. Significou esto a consagración que Deus lle daba. Desde entón as súas verbas resoaron, cal trompeta divina, en todo o reino e Alfonso III, desde Lugo ata Oviedo, ata León, ata a raia do río Douro". (1) E o P. J.González sinala: "Á idade en que outros rapaces non adoitan pensar nos seus destinos, nin se preocupan por defini-la súa vocación, San Froilán racha os lazos da carne e emprende unha tarefa ímproba e de execución dificil. En canto deixou de ser neno, ós 18 anos, retirouse ós montes de Leon, dando unha proba de ascesis madura para idade tan curta... Froilán nas soidades dos montes leoneses foi acadando sona de santo, ou alomenos de home bo, de home de Deus, e foi conseguindo xuntar arredor de sí outros moitos rapaces inqueúdos... Nada sabemos deles, mais que existiron. Non sabemos os nomes máis que o de Atilano, o seu discípulo predilecto, coma el santo, coma el Bispo, un de Leon outro de Zamora, entronizados o mesmo día”. Xa nestes primeiros tempos se saben ou se supo–en diversas accións ou sentimentos do Santo. Dependen do grao de investigación, ou de elucubración de cada escritor. NOS MONTES DE LEON "Sendo de 18 anos, empezou a sentir ansias de soedade". "Que ós 18 anos saíu de Lugo é cousa que ninguén pon en dúbida. Pero Àonde encami–ou primeiramente os seus pasos?. Aquí principian a non esta conformes os que escriben a súa historia... Uns, como o Sr. Riva, din que se retirou a un deserto; e outros, como Nicolás Pinferrer, cren que se retirou nun mosteiro e despois ocultouse nun deserto"(5). "O actual Oficio de San Froilán asegura que primeiro se recolleu a certo lugar oculto da diócese de León; e antigos Leccionarios sinalaban o lugar, dicindo que fora Valceo. Xoan Diácono nada indica sobre o particular. Se paraxe tan distante da súa terra buscou, puido se-la causa o desexo de que non deran co seu retiro e acudisen a visitalo os seus amigos e parentes, turbándolle nos exercicios de piedade e aplaudindo as súas virtudes con eloxios que a súa modestia refutaba. Aló se encaminou desde Lugo o seu ilustre fillo - segundo aseguraba no século XVI o Dr. Villegas- que se fundaba nun escrito que lle remitira un frade de Moreruela, recollendo a antiga tradición daquela casa. Pero faltando documentos próximos ó tempo do Santo, onde se exprese esta circunstancia, non habemos de expresala nós sobre os aiunos e castigos que á súa carne daba, e das horas que adicaba a contemplación, e favores que durante ela recibia; teremos que limitarnos a dicir co P. Yepes: Crese que fixo moi áspera penitencia; pero como ninguén o trataba, e el pasaba a solas con Deus, é forza calar moitas cousas das que so a Súa Maxestade e o Ceo son testemuú–as". (5) Julio de Prado considera a Froilán un rapaz emigrante, tendo en conta que "a emigración foi sempre un fenómeno constante na historia, obedecendo a motivos moi distintos: fame, discordias, guerras, aventuras,etc.-, sen descarta-las razóns relixiosas”. (7) Xa nestes primeiros tempos queda claro o destino de Froilán. O seu destino levábao hacia a santidade. E os montes eran o mellor lugar para evadirse do mundo e achegarse a Deus. Julio de Prado indica que foi en Ruitelán onde transcurriron os primeiros anos da súa vida eremítica, quedando como resto unha cova excavada na ladeira onde logo se adosou unha capela. "Augusto Quintana Prieto, gran co–ecedor da historia berciana, recolle unha tradición multisecular, que ten como certo que San Froilán se dirixiu en primeiro lugar a unha cova do Bierzo, no pobo de Ruitelán" (7). A cova está situada moi perto da antiga Nacional VI Madrid-A Coru–a. Arredor da cova construiuse unha ermida a comezos do presente século, que substituiu a outra máis antiga. "Dícese que nela -na cova- pernoctaba o santo na súa vida eremítica, ou nas viaxes que efectuaba desde a súa sé bispal de León a Lugo, a súa cidade natal". (7) Esta parroquia "pertenceu tradicionalmente á Diócese de León ata data recente. Cabe sospeitar, con Augusto Quintana, que foron -parroquia e anexo- incorporadas á diócese lucense polo noso santo. Tampouco parece improbable que Ruitelán formase parte do patrimonio familiar de San Froilán, podendo ser esta, por tanto, outra das razóns da súa integración na Diócese de León”. (7) Pode non ter relación con esto, pero sí é certo que houbo longas e fortes diferencias entre as dióceses de León e Lugo por mor da posesión do Arcediaúnato de Triacastela, ó que pertencía Ruitelán. Voces aparentemente autorizadas supuxeron que Froilán foi frade en Sahagún ou en León, pero López Peláez ten para esto argumento que parece definitivo: "Os que supuxeron a San Froilán frade de Sahagún ou de San Claudio de León, fixérono así seguramente pola grande celebridade e importanúcia de aqueles conventos, sen reparar en que outros non menos célebres e importantes se atopaban máis perto de Lugo. A sete leguas está o de Samos, que se fundou logo de entrar os suevos en Galicia e foi reformado polo bispo Ermefredo a mediados do século VII.../.... Precisamente nos anos en que San Froilán saíu de Lugo estaba Samos en todo o seu apoxeo..../... Do notable que era o convento de San Vicente do Pino en Monforte é testemuña a presentación do seu abade Espasanto ó Concilio de Oviedo, precisamente no século de San Froilán, onde se lle autorizou para castiga-los vicios e reformar costumes en todo o territorio de Samos.../...De xeito que se o fillo de dona Froila saíu de Lugo para entrar en algún convento, non se comprende por que foi buscalos a León, téndoos en Galicia, e aínda perto do seu pobo”. (5) José María Canal Sánchez-Pagín, que opina que a área de influencia de san Froilán abarcou tamén o norde de Portugal, dubida que o monte Curcurrino estivese no actual Curue–o e aboga pola súa situación en Aquis Querquenúnis (Ba–os de Bande-Ourense), ou aínda mellor en Santa María de Córcores (Ourense). Ninguén máis segue esta tese da maior amplitude da área de influencia de Froilán, polo que temos que coidar que os montes de León -entendidos no censo máis amplo- constituiron a xeografía vital do mozo Froilán. ÀEstaba xa preparado Froilán para a súa vida pública?. Suponse, por tódolos que estudiaron a súa vida, que houbo unha etapa de formación previa. Etapa que puido ser "reglada" e rematar na recepción das Ordes correspondentes, ou formación global para a vida ascética e apostólica que o agardaba. "O que se omitira o expresar cando lle foron conferidas as sagradas ordes, non proba que non as tivese recibido antes da súa predicación, e para saber si, a pesar de que as tivese, lle era permitido por Deus predicar, tivese, co fin deco–ece-la vontade divina, que recurrir á proba do lume. Ó que se xunta que nos primeiros séculos da Igrexa non predicaban máis que os bispos, e cando lles foi preciso descargar parte deste peso nos cregos, cada un dos habilitados para a predicación non podía exercerla fóra dos límites da súa parroquia. Non deixa, con todo, de ser chocante que Xoan Diácono non fale nunca do sacerdocio de San Froilán, e a primera vez que mencione ó seu compa–eiro Atilano, faga resaltar a súa cualidade de crego. Verdade é que na historia de algúns santos lemos que predicaban sendo seglares. Foron casos moi excepcionais en sí mesmos e nas súas circunstancias, que hai que atribuir a especialísima vocación de Deus Noso Se–or". (5) "As frases que emprega Xoan Diácono parecen indicar que Froilán non ti–a sido aínda ordeado de crego: utg sacerdotalem susciperet officium. E se logo fala da honra sacerdotal recibida polos dous santos, Froilán e Atilano, máis ben pode referirse só ó primeiro, dado que xa antes ti–a afirmado que Atilano era crego ó xuntarse con Froilán" (6). O primeiro miragre de san Froilán de que se ten noticia, está vencellando precisamente con esta etapa da súa vida pública, coa súa vocación de difundi-la palabra de Deus. "E porque era varón de elección, predestinado para iluminar a moitos pobos e ti–a o ánimo fixo sempre en Deus, púxose na boca carbóns acesos, como proba de que si os beixos se queimaren, non debía toma-lo oficio da predicación; pero si boca e beizos permanecían ilesos, éralle lícito anunciar ás moitedumes as palabras divinas..../... Con este primeiro miragre quixo Deus manifestar ó seu servo que podía ir con seguridade ó exercicio da predicación". (5) ...”Nalgúns santorais benedictinos, refírese que non foi só esta vez cando san Froilán pediu e obtivo miragres. APredicaba un día contra un desorde vicioso dunha vila, e atopou tan tercos ós suxeitos que non lles puido render para que, deixados os seus erros, puidesen enmenda-lo pasado. Para confirmación, pois, da súa doctrina evanxélica, mandou sacar un braseiro aceso, e tomando o lume nas mans, tívoa como se foran frescas e olorosas frores, confundindo ós obstinados, tercos e rebeldes, e reducíndoos ó cami1?2o da verdade@. Pero como non din de onde sacan a nova non estamos obrigados a crela, como tampouco o que din con Trujillo no Thesaurus Concionatorum, de que infinitas veces puxo brasas nos beizos para que mellor se crese o que ensinaba..../... esta práctica vi1?2a ser corrente en Asturias e Leon, xeralizándose posteriormente en toda Europa. A Igrexa condenou esta práctica, pero suponse que no tempo de San Froilán non debía coñecerse esta condenación”. (5) Fose deste xeito ou con proba menos drástica soubo Froilán que a Providencia quería que se adicase a difundir a Fe... e así o fixo: "Reformador e restaurador austero, a predicación fluía dos seus beizos con tono e vibración de profeta. Os oíntes, diante da súa autenticidade insobornable, reforman so seus costumes. E uns marchaban a morrer pola cruz, nas batallas. Mentras que outros sepultábanse no oco dun penasco para purga-los seus pecados con penitencias e oracións”. (2) Cando o seu auditorio medraba demasiado, fuxindo da tentación do aplauso, retirábase outra vez ás monta–as de Curue–o. (Cucurrino) No Catálogo de bispos de Zamora, formado en 1808, que se conserva na Secretaría de Cámara daquela diócese, escribese que san Froilán "vivía nunha cova do monte Coturrino (en latín Sutrino), na aba das monta–as de Liébana, no Val de Rionansa e Parroquia de Obeso, hoxe pertencente á diócese de Santander, onde se conserva a tradición". (5) "Dentro deste macizo rochoso atopáronse os dous santos cunha gruta natural de regulares dimensións, mirando hacia o mediodia e protexida, polo alto, dos lóbregos ventos do norde.../...A área da cova prolóngase únicamente no antepeito dunha rocha que cae en vertical ata a profundidade dun desfiladeiro aberto polas forzas arrolladoras das torrenteiras que baixan desde as monta–as na época dos duros temporais do inverno.../... É como unha especie de balcón ó natural duns poucos metros de superficie, desde o que tan só se poden contemplar ó alto un inmenso e suxerente ceo e ó ancho rochas e montes por todas partes, que pechan dentro de sí un pequeno val ó que hiperbólicamente Xoan Diácono califica como o deserto ou a soedade". (7) Combinando así a predicación e o retiro, pasou varios anos. E a súa sona rebasou os límites de Galicia, León, Asturias e Aragón. De todas partes vi–an as xentes a escoita-la súa palabra. (2) |

