![]() | . |
Historia II
ATILANO tivo como colega a San Atilano, con quen pasaba as horas meditando na Sagrada escritura... "Un día chegou das faldas do Moncayo, para facerse discípulo seu, un monxe de vida ascética e amante dos libros, chamado Atilano. Entusiasmouse tanto o frade rioxano co anacoreta galego, que se quedou con el en plan de servilo e axudalo. Desde aquel momento, posuídos do espíritu de Deus, viviron xuntos a aventura de reconstrui-la Igrexa de aqueles reinos en aquelas circunstancias tan calamitosas". (2) "Era este aragonés, de Tarazona.../... os seus pais, que pertencían á nobleza, despois de vivir longo tempo sen sucesión, conseguiron do ceo este fillo, a forza de oracións, limosnas e promesas. Ós quince anos retirouse a un convento que se atopaba a unha legua da súa cidade natal, perto da vila de Faios, cunha igrexa adicada a San Benito. Probablemente fuxindo de persecucións dos mouros, chegou ás terras de León que San Froilán evanxelizaba, e alí atopouse con el para non separarse xa.../...E despois de telo axudado na fundación da maior parte dos mosteiros, finalmente retirouse con el ó de Moreruela, non lonxe de Zamora, fundado por eles, en compa–a de 200 frades, onde Atilano foi posto como Prior polo Abade San Froilán". (5) Hai unha tradición recollida por un vello breviario do Cister que coloca a San Froilán como Abade de Tábara e a San Atilano como Prior de Moreruela. Aínda que algúns autores consideran que Atilano sería algo así como o capelán de Froilán, ó ser aquel Presbítero. Existe un sin fin de versións, e abundancia de crónicas sobre San Atilano. Recollémo-las máis sobranceiras porque axudan a perfila-la figura, o atractivo do primeiro e mellor amigo de San Froilán, e - con el - do noso Santo. En relación con Atilano, - o mesmo que se deu con San Froilán- aparecen imprecisións temporais que nacen de posibles confusións con outros bispos ou santos. Así, a Enciclopedia Espasa Calpe menciona que Atilano naceu en Tarazona hacia o 939, e morreu en Zamora en 1.009, cando o certo é que os acontecementos foron case cen anos antes. No Diccionario dos Santos, de Dom Philippe Rouillard, menciónase erroneamente que “é patrono de León, e foi bispo daquela cidade, despois de san Froilán, no 917, con un reba–o máis guerreiro que piadoso". En "Los nombres de pila espa–oles", de Consuelo García Gallarín, menciónase como "Abade do mosteiro de Tabarra (Zaragoza) e máis tarde Bispo de Zamora (S.X)". E Alberto Vilanova, na Gran Enciclopedia Gallega, engade o dato de que era mozárabe, e ti–a feito vida cenobítica en varios mosteiros. No "Diccionario de Historia Eclesiástica de Espa–a", dirixido por Quintín Aldea Vaquero, indícase que naceu en Tarazona no século IX e cóidase que morreu en Zamora no 919. Fíxose frade ós 15 anos nun mosteiro próximo a Tarazona. Sería xa crego cando se asociou a San Froilán, estando - antes ou despois de contactar con el - no mosteiro de Sahagún, onde transcribiu o tratado "De Virginitate Sanctae Mariae" de San Ildefonso. Flores, no tomo XIV da Espa–a Sagrada, escribindo a historia da diócesis zamorense, dicía: "Este é o primeiro bispo de Zamora, posto por Don Alfonso o Magno". (5) Vicente Becarés Botas, profesor da Universidade de Salamanca, no libro “LOS PATRONOS DE ZAMORA SAN ILDEFONSO Y SAN ATILANO”, resume así o problema histórico plantexado: "Ata o século XVI a tradición vi–a aceptando a existencia dun Froilán e un Atilano a comezos do s. X, pois a biografia de ámbolos dous santos estaba unida como cara e cruz da mesma moeda, pero velaquí que Fr. Atanasio Lobera, frade de Moreruela, descobre un segundo bispo de Leon con este nome, moi importante e amplamente documentado.(Lobera non veu ou non quixo ver documentos do primeiro Froilán), de ahí que se incline polo segundo Froilán, o morto en tono ó ano 1002, un século de diferencia respecto do primeiro. Eso sí, repito, Lobera e tódolos autores son unánimes á hora de unir as vidas de Froilán e Atilano: Ámbolos dous frades, os dous fundadores de mosteiros, e ámbolos dous despois bispos de León e Zamora respectivamente. Polo tanto, Frei Atanasio, o primeiro en supor o segundo Atilano, razona deste xeito: Se Froilán e Atilano foron compa–eiros e Froilán asina centos de escrituras desde o 990 ó 1002, Atilano ten que ser compa–eiro do segundo Froilán. Así estiveron as cousas ata finais do S. XVIII, en que os PP. Escalona e Risco documentan o primeiro Froilán. E o mesmo fai o P. Risco que tamén argumenta invertindo as premisas de Lobera: Se Atilano asina documentos do 905 ó 912, e Froilán e Atilano foron compa–eiros, Froilán e Atilano son de comezos do século X.../...Os historiadores que vi–eron detrás tiveron que tomar partido e adherirse a unha ou outra postura. En calquera caso, o problema histórico que se plantexa é evidente: Se houbo dous Atilanos e só un foi o canonizado como santo, cal do dous foi o santo e cal dos dous o das reliquias que hogano se veneran?. Supo–emos, claro está, que o santo, pero só o supo–emos. Outra solución é pensar que foron os dous Atilanos bispos de Zamora os canonizaúdos, como defende Frei Antonio de Yepes, co que fora cal fose o atopado se garante a santidade das reliquias veneradas: "assi yo siempre he creydo, y lo dexé arriba apuntado, que sin duda ay dos obispos Atilanos, que florecieron en diferentes tiempos: porque realmente tampoco se puede negar, y se prueba con evidencia, de los papeles de los archivos, que en tiempo del Rey don Alfonso el Magno, hubo un obispo que firma todas sus escrituras, y a este, para que nos entendamos llamaremos Atilano primero; y también es certíssimo, que en la eda del Rey Don Bermudo el segundo y don Alonso Quinto, hubo este Atilano, cuya vida hemos escrito, compa–ero de San Froylano, que fue segundo deste nombre en la iglesia de Zamora". Pola nosa parte só podemos engadir o seguinte: Na colección diplomática do Mosteiro de Sahagún, que recentemente ten publicado J.M. Miguez, aparecen en efecto dous documentos do 28 de abril do 909, confirmados por Atila epíscopus e Attilanus epíscopus. Pero asi mesmo, o documento do 23 de marzo do 986 está confirmado por un Atila, persoeiro sen dúbida importante deste mosteiro. En conclusión: “dúas posturas e dúas datas enfróntanse entre sí: a historia, digamos, oficial, documentada e crítica, conta cun Atilano bispo de Zamora de 901-917. Outra corrente, a tradicional, non carente de coherencia, recollida mesmo polos textos litúrxicos, infire un segundo Atilano (990-1009) para emparellalo co segundo Froilán”. Habería, pois, dous Atilanos. Pero o noso foi Bispo en Zamora cando Froilán era Bispo de León. ÀSería do primeiro ou do segundo toda a aureola de santidade e feitos milagrosos?... Quizáis, o segundo. Pero o pobo é sabio, e xuntou no nome toda a súa forza de fe e de esperanza. E diante da dúbida, nós intuímos que se refire ó discípulo e amigo de San Froilán. Sobre o chamado "Miragre de San Atilano" existen diversas versións, coincidentes no principal. Velaquí unha refundición de varias delas: "San Atilano sobreviviu algún tempo a San Froilán e da súa Vida de Bispo temos máis novas que recolleu Surio. Despois de estar dez anos rexindo santamente a diócese, entroulle un vivo desexo de facer penitencia, parecéndolle que ti–a cometidas moitas faltas, que aínda non estaban perdoadas, e que era indigno de atoparse ó frente dun bispado. Saíu, pois, en peregrinación a Xerusaúlén, acompa–ado dun só familiar, de quen se separou logo para non serco–ecido e poder con máis liberdade adicarse á vida de mortificación, que tanto anceiaba. Ó pasar a ponte sobre o Douro, tirou ás augas o seu anel pastoral, decindo que ata non volvelo a ver non se daría por perdoados os seus pecados, e digno de rexe-la diócese. Dous anos empregou na viaxe, vestido de mendigo e vivindo de limosna. Unha voz celestial avisouno en so–os que era xa tempo de restituirse á súa igrexa. Colleuno a noite perto de Zamora, e pasouna nos arrabaldes, na ermida de San Vicente". (5) "Alí unha muller co seu home recibírono na súa pequena casa, e déronlle unha cea certamente non espléndida. Pola ma–án, o home e a muller van á casa do Bispo a por peixes como antes acostumaban. E pregan a Atilano que entretanto garde a casa. Danlles peixes, lembrando aquel que ti–an deixado na casa; volvendo a el déronlle o peixe de maior peso. Préganlle a Atilano que prepare estes peixes mentras van ela por auga e o marido por lume. Atilano respostoulles amablemente. Tendo tomado o peixe máis grande, mentras extraía as vísceras, atopou o anel que ti–a botado pola ponte”. (Lucio Marineo Sículo. Opus de rebus hispaniae memorabilibus. 1533)(*) "Tocaron entón por sí soas todalas campás da poboación, e por outro novo prodixio os pobres e remendados vestidos do Santo desaparceron, e mostrouse cuberto con vestiduras pontificais diante dos zamoranos que aínda durante outros sete anos gozaron das súas exhortacións e piadosos exemplos" (5). "Divulgada pola cidade a nova do suceso, unha grande moitedume de xente foi buscar e acompa–ar ó recén chegado que fixo logo a entrada na capital da súa diócese entre as aclamacións do pobo, chegando de novo a súa casa que aínda cando con seguridade non pode puntualizarse onde estivera, é verosimil que fose no sitio que ocupa o pazo dos Marqueses de Villagodio, toda vez que non existindo aínda a Catedral actual e facendo veces dela a igrexa de San Pedro, segundo moitos autores afirman, é probable que a morada do Prelado se atopase perto da Catedral, presunción que vigoriza a circunstancia de existir naquel palacio de Villagodio unha inscrición co–ecida de moi antigo que expresa ter habitado alí San Atilano..../... A fins do século XVI existía aínda a ermida de San Atilano que ocupaba o sitio perto do templo do Sepulcro, que antes ocupou a hospedería onde o bispo zamorano recuperou o seu anel e aínda debeu durar algún tempo máis, pois dela fala e foi testigo de vista Lobera, que asegura ter visto nela a pía mesma onde foi lavado o peixe; e según tamén o mesmo respetabilísimo testemu–o, na arca donde se gardan os restos do santo, atopábanse no tempo en que aquel escribiu, e viunos el, o anel, un peite de oso e unha caiada de pau" (Urcisino Álvarez Martínez, en "Zamora Ilustrada"). "Este montón de miragres, nun miragre, contan os autores que escriben a vida deste santo. E ata hoxe se conservan, e te–en en moita reverencia os instrumentos deles. Como son o hospital onde o santo se aposentou, e atopou o anel no barbo, que é ó presente ermida da súa vocación, e nela está a pía na que lavou o peixe. E os que se collen á ponte vella son máis estimados, porque os teñen por descendentes do que gardou o anel. Na igrexa de San Ildefonso - onde se garda o corpo do noso San Atilano- está tamén o anel, que el botou no Douro, e atopou despois no papo do peixe, e un peite de oso, e unha caiada do seu báculo que é de pau. Eu vino todo, e o anel é tan delgado que me parece terá pouco máis dun real de prata. Está engastada nel unha pedra turquesa, que é moi fina, algo maior que un garbanzo, te–o por certo que esta pedra é das que se adoitan atopar nun térmo xunto da mesma cidade" (Fr. Atanasio de Lobera. Historia de las grandezas de la muy antigua e insigne ciudad y Iglesia de León y de su obispo y patrón Sant Froylán, con las del glorioso San Atilano, obispo de Çamora.1596).(*) "Algúns enfermos, véndose en risco da súa vida, piden con moita humildade e devoción que se lles leve á cama o peite, báculo e anel de San Atilano. E téndoos venerado e consolándose con eles, de manifesto te–en cobrado moitos saude, de manifesto e mellorado ó momento". (Jerónimo Martínez Vegas. Discurso historial de la vida y muerte de San Atilano, 1615-úú1618).(*) "Chegou o día da súa ditosa e moi preciosa morte, que foi ós cinco de outubro do ano mil e nove, no setenta da súa idade, no décimo nono do goberno da súa Igrexa. Déronlle sepultura na igrexa de San Pedro, que naquel tempo ti–a este título e hoxe é de San Ildefonso. No alto da capela maior, está o sepulcro do Santo nunha arca de gran precio. Canonizou ó noso santo o Santísimo Pontífice Urbano II, que foi electo pontífice no ano 1088, e a celebrou en cinco do mes de outubro e despachou a súa bula”. (Gil González Dávila. Teatro eclesiástico de las Iglesias metropolitanas y catedrales de los reinos de las dos Castillas, 1647).(*) Na Igrexa de San Pedro e San Ildefonso de Zamora consérvase a denominada Cruz-relicario de San Atilano. No centro dos brazos alberga un anel de prata sobredourada, cunha turquesa, que para outros se trata dun zafiro, engastada, de datación indefinida. A tradición supón que se trata do mesmo anel que San Atilano botou ó Douro e atopou, despois da súa peregrinación de penitencia, no ventre dun peixe. Padroeiro de Zamora desde as pestes do século XVI, a festa de San Atilano celébrase, o mesmo que a de San Froilán, o día 5 de outubro. (*).- Citas publicadas no libro SAN ILDEFONSO E SAN ATILANO. V CENTENARIO DE LA ELEVACIÓN DE LOS CUERPOS SANTOS, Zamora,1996) FUNDADOR DE CONVENTOS _(O Rei) deulle facultade para recorre-los seus reinos na percura de lugares aptos e xeitosos para construir mosteiros”. A inmensa maioría da península estaba ocupaba polos árabes. E as necesidades estaban claras: Primeiro era a guerra, e logo todo o demáis. Froilán tivo que loitar contra moitos factores, só coa forza da súa fe e do seu exemplo. León era terra fronteiriza e por riba de todo, había que loitar contra do invasor, contra a ignorancia relixiosa, contra os efectos da invasión nas xentes, nas crenzas, nos costumes... Gil Atrio menciona que García Villada, na súa Historia Eclesiástica de Espa_a, comenta que _As beiras do Bernesga, do Torío, do Cea e do Esla, vense invadidas por homes enxoitos que, vestidos con hábito probe e uniforme, as convirten en hortas e verxeles; e animados por San Froilán e San Atilano, maceiran as súas carnes, renuncian á súa vontade e entonan a súa armónica salmodia dia e noite ó Deus dos ceos e da terra_. As xentes baixaban das monta_as e invadían pacificamente o terreo chao. Así afianzábase a Reconquista, completábase a ocupación militar coa _ocupación social_. _Alfonso III o Magno veuno clarísimo. E por iso planificou cos seus magnates, cos seus condes, cos sus bispos, cos seus cregos e cos seus xenerais a colonización a tódolos niveis”. (5) _Esta obra non só a podían facer os militares; había que encomendarse ós monxes. Era necesario cultivar terras, desecar pantanos, talar bosques, e este labor encomendóuselle a un talento organizador de grande prestixio. San Froilán encargouse de fundar mosteiros na zona asegurada. Era unha empresa de gran envergadura; o rei financiou a obra colonizadora, e desde entón vemos a Froilán deixar o seu amado retiro de Veseo e baixar cos seus frades, cos seus discípulos, ás ribeiras chas do Esla ó norte de Zamora”. (5) A mesma Igrexa coincidía en fins e en métodos cos desexos do Rei, xa porque comprendese a necesidade de afianzar a ocupación da Cristiandade, xa por _controlar_ a súa grei. _O desideratum da Igrexa espa_ola, sobre todo a partir do VII Concilio de Toledo, era que os ermitáns abandoasen a súa vida solitaria, tan exposta ós pertigos, indisciplina e relaxamento, para integrarse ou agruparse arredor dun mosteiro. Parece, polo tanto, moi lóxico que tanto Froilán como Atilano de común acordo, vi_eran xa desde algún tempo pensando en firme nunha fundación monástica, para o que virían facendo os trámites oportunos, xa que eso ofrecería uns cauces xurídicos e canónicos máis en consonancia coa lexislación constante dos concilios, sínodos e bispos sobre o particular_._(7) _Entón era cousa corrente que os reis elixiran bispos e deran a estes poderes temporais para, mesmo, gobernar no seu nome___(3) _O caso é que hacia o ano 875, Alfonso III chamou ó anacoreta lucense á súa corte de Oviedo. Para Froilán comezou outra etapa da súa vida. Antes ti_ano pedido os oíntes e os outros anacoretas. Presionado por eles ti_a fundado en Veseo. Daquela colmea de 300 frades, rexida polo Abade Froilán e polo Prior Atilano, saíron as novas e a sona que cautivaron ó Rei. Agora, mandáballo o mesmo Rei. E, violentando os seus gustos e as súas crenzas personais, lanzouse a conquistar almas e a fundar mosteiros”. Isabel Flores de Lemus comenta, sobre o feito de que o Rei chamase a Froilán para que o axudase: _O Rei - miras de estadista católico- pensou en utilizar o divino proselitismo deste home providencial. A fundación de mosteiros ti_a entón capitalísima importancia para a poboación e civilización de Espa_a, despoboada e asolada por contínuas guerras. No aspecto relixioso, social, agrícola e cultural, o mosteiro era o instrumento mellor que se podía utilizar para lograr aquela meta. Arredor do templo-mosteiro xurdían a granxa, o pobo, o concello, coas terras cultivadas, fomento da cría de animais, ensino dos nenos nas escolas dos frades, formación de bibliotecas no scriptorium do mosteiro..._. _Non se contentou don Alfonso con expresar de palabra a admiración que lle producían as virtudes de Froilán, e a estimación altísima e veneración suma que lle profesaba. Colmouno de honras e concedeulle potestade para escoller en todo o reino lugares aptos e amenos onde erixir mosteiros nos que congregar ós constituídos baixo a disciplina da Santa Regra. Se se toma ó pe da letra a palabra locupletiorem, habería que dicir que o Santo xa era rico ó ir á Corte, e que Alfonso non fixo máis que aumenta-las súas propiedades_. (5) _A potestade - facultatem- di Francisco Tarasa, de fundar mosteiros onde desexase, que o Rei otorgou ó Santo, non se ten que entender no senso de que a Real licencia fose necesaria ás Congregacións relixiosas para establecerse e fundar casas nas que realiza-lo fin relixioso e soste-lo culto da única relixión tolerada. Ninguén cría entón necesario tal requisito. A palabra potestas indica, seguramente, unha especial protección que a San Froilán se dispensaba, e a facultade de escoller para solar dos conventos calquera finca que á Coroa pertencera”. (5) _San Froilán, austero, aínda que de carácter doce e presencia atraínte, arrastrou, coa súa simpatía persoal envexable e coa súa elocuencia arrolladora, e co seu don de miragre e de profecía, a centos de homes e mulleres_. (2) Nada se sabe de certo da vida de Froilán desde o momento de lanzarse á vida pública, de convencer pola palabra, ate o momento en que o Rei lle encarga a fundación de mosteiros. _Non hai temor a equivocarse dicindo que San Froilán, antes de encargarlle o Rei a fundación de Conventos, ti_a xa abrazado a vida monástica. Xoan Diácono, único historiador seu que podería sabelo, omite esta circunstancia. pero, _Como se houbera dado a dirección de mosteiros a quen nunca houbese vivido en comunida-de?. Antes de ser abade, adicouse á predicación._Onde, senón nas bibliotecas ou conferencias monacais adquiriu os co_ecementos necesarios?_. (5) O primeiro punto de referencia na vida pública de Froilán é Veseo. Parece como se xa en Veseo tivese fundado un mosteiro, do que Froilán fose Abade. _Quizáis o Rei, ou os seus condes e conselleiros, persuadiron ó abade de Viseo a que abandoase aquel lugar, que xa funcionaba, e pasasen a terras zamoranas para implantar nelas novos mosteiros, que axudasen na repoboación da zona. E así levouse a cabo, como indica o biógrafo, a fundación de Távara, en primeiro lugar, e máis tarde a do outro mosteiro na mesma beira do río Esla_._(6) _Da cidade de Veseo non se conserva lembranza algunha. Chámaselle civitas, tamén oppidum, que ademáis de cidade significa praza forte. Quizais o val que hoxe se di de Obeso recibira o seu nome de aquela poboación. (5) Sánchez-Pajín vai moi lonxe na súa ubicación, xa que menciona a cidade de Viseu, en Portugal, _que no século X era Veseo.../...Na época visigótica Viseu foi unha florecente cidade, sé bispal dependente de Mérida, na provincia de Lusitania. Coa invasión musulmana, anos 718 e seguintes, sufriu un grave eclipse, caeu en poder dos árabes e non foi conquistada ata os tempos de Alfonso III, 877 e seguintes. A Crónica Albeldense puntualiza que por este tempo _as urbes de Braga, Porto, Auca, Eminio, Veseo e Lamego, todas en terras portuguesas, son repoboadas polos cristiáns. Pois ben, se Froilán se decidiu a baixar a Viseo e fundar alí o cenobio foi con fins repoboadores, e esto debeu ser hacia o ano 877, mesmamente cando o Rei ordenaba este labor de colonización e repoboación_. (6) Julio de Prado, en fin, estima que este _Veseo_ non estaría nin en Obeso, Sahagún nin en Viseo. Menciona o Dr. Sanmartín Sastre, que fala dun _Abesedo_ perto de La Vecilla; perto de Valdecésar, xa que seguindo a J.A.Cavestany, Abesedo, é o nome co que na monta_a de Leon se co_ece á umbría ou zona que se contrapón á solana_. (7) A primeira fundación de San Froilán aparece así descrita por Quintín Aldea Baquero: _Alfonso III concedeu ó Santo amplas facultades para visitar tódolos seus dominios e levantar cenobios para que ó seu amparo se acollesen os novos poboados. Estas agrupacións humanas así formadas constituían unha unidade política da que era xefe o abade, e os seus axentes e mestres os monxes, que ensinaban as artes da paz e infundían o espírito de cruzada na guerra de Recon-quista. Froilán puxo en xogo de novo a súa capacidade de iniciativa e deuse en recorrer as terras do reino alfonsino. A súa belixerante actitude levouno a fundar dous grandes mosteiros perto da fronteira, a poucos kilómetros de Zamora. O primeiro foi o de San Salvador de Tábara. Nel, congregáronse 600 frades de ambos sexos. Era un deses mosteiros chamados dúplices, onde as monxas, aínda que rigorosamente separadas, ti_an a vantaxe da asistencia sacerdotal e da defensa, no caso de invasión. Sobre a cifra de seiscentos frades - que parece desmesurada- hai estudiosos que opinan que a cifra corresponderían ós que vivían na zona baixo a _xurisdicción_ do Mosteiro, ou ben os que habitaban na zona e se xuntaron a efectos de segurida-de e cumprimento das novas normas da Igrexa. Hai quen supón que moitos destes frades mesmo poderían ser mozárabes, chegados do sur, como consta no códice do beato”. (6) Cóidase que o que fixo S. Froilán en Tábara foi restaurar un mosteiro visigótico arrasado pola invasión árabe. Podería esta-lo mosteiro no lugar onde se ergueu no século XII a igrexa de Santa María. (7) “Asegurada a fundación de Tábara, san Froilán pensou en Moreruela”. (2) _San Froilán veu un sitio ameno e alto perto da corrente do rio da Estola e alí construiu outro convento. O antigo Leccionario de Leon engade que este Mosteiro ti_a por nome Morerola. O Breviario romano di tamén que o último dos fundados por San Froilán, foi o célebre de Moreruela__(5) _Alí fundou o seu segundo mosteiro. E alí sorprendeuno a mitra bispal, cando xa contaba con máis de 200 frades___(2) _Foi este, no século X, un dos máis famosos mosteiros pola arte refinada do seu escritorio. A pesadume do tempo, insensible ós afáns do home, non nos permitiu ver na súa realidade de pedra a arquitectura desta fundación. Pero, afortunadamente, un códice do seu escritor consérvanolo parcialmente. No último folio aparece a torre do mosteiro, alta e lapídea, de sillería polícroma, con ventanais de arcos de ferradura. Sobre o tellado, dúas airosas torres pequenas con cadansúa campá. Ós lados dos últimos ventanais, dous balcóns voladizos asómanse ó horizonte...___(5) _ _Que relación hai, pois, entre este convento de Moreruela de Távara e o cisterciense da actual Granxa de Moreruela?. Sabemos que este tivo especial devoción a San Froilán, como se el fose o seu propio fundador. Xa desde o século XII foron veneradas alí as súas reliquias, parte das que pasaron á catedral de León ó remate dese século. Pois ben, por ningunha parte se ve relación directa entre Froilán e o centro cisterciense. Foi devoción a un santo que viviu e traballou nun lugar próximo, ó outro lado do río. Moreruela de Távara e Granxa de Moreruela foron dous centros relixiosos distantes no tempo e no espacio. Do último consérvase abundante documentación, pero nela nin palabra do abade Froilán do século IX”. (6) _A tradición no século XVI daba o nome de Vi_a de San Froilán a un monte que pertencía ó convento de Moreruela e que del non se atopa moi distante. Nada tería de particular que o mesmo santo coas súas propias mans as tivese plantado e as cultivase.../... Antigamente, observábase por tódolos benedictinos ós que a saúde llo permitia, a Santa Regra no tocante a ocupar gran parte do día no traballo material: dúas horas consagrábanse á lectura e sete ó traballo manual__(5). _O traballo manual era parte integrante da xornada monacal e, namentras uns miniaban os pergameos, copiaban a Virxilio ou adeprendían melodías visigóticas, outros rozaban os campos, facían zumbar as forxas, ou repinicaban co martelo nos bancos de zapateiro. Todo o val do Esla, onde se levanta a histórica torre Tavarense foi creación de Froilán; é dicir, que a terra castelán puido ser nai porque un galego a fecundou__(1). _O Breviario Romano, o mesmo que os autores que falan de San Froilán, supo_en que fundou moitos mosteiros; e no século XVI ensinábanse, nas beiras do Esla e nas monta_as de Leon, ruínas antigas e ermidas modernas que, segundo a tradición, sinalaban os sitios onde houbo edificacións debidas ó Santo___(5) O MIRAGRE DAS POMBAS Era moi común na antiguedade involucrar animais nos feitos dos Santos, e así aparecen moitas representacións de santos xunto coas imaxes dos animais que se supón que os acompa_aron. San Froilán non ía ser menos, e máis tendo tantos investigadores, tantos ademiradores da súa vida e obra. E así con el aparece sempre, ou prácticamente sempre, o lobo. Tamén as pombas, pero bastante menos. Na talla de Moure no coro da Catedral lucense aparecen as pombas diante da boca do noso Santo, así como tamén na Capela do Pilar, no altar, nun relevo, San Froilán aparece vestido de bispo con dúas pombas sobre a súa cabeza. Xeralmente as representacións das pombas aparecen en pinturas e medallóns, e nunca en esculturas. Ben puidera ser pola dificultade de incorporar dúas pombas a unha escultura, ou porque os artistas deran moita máis importancia ó lobo que ás pombas na vida de San Froilán. Conta Xoan Diácono que _indo de viaxe, á caída do sol, ó final do día, nas tebras da noite, deitado, en oración, viu, no medio dun esplendor refulxente de claridade a pesar da noite, dúas pombas que competían en voar cara el, unha de cor vermella e outra de cor branca coma a neve. Sen tempo para reaccionar da súa sorpresa, metéronselle na súa boca. E unha produciulle sensación de calor, e a outra, sensación de mel__ Desde entón a súa palabra - escribiu Frei J. Pérez de Urbel- era unha palabra que sementaba feixes de luz e globos de lume. Cronolóxicamente, sería o segundo miragre de San Froilán ou relacionado con el, e proba da predilección divina por este seu fillo, xa que o primeiro sería o dos carbóns ardendo. Outras veces se fala destes animais na historia de Froilán, xa que é unha pomba a que se pousa sobre el cando o designan bispo. _Fr.Atanasio Lobera con outros autores, cóntao aínda que sen dicir de onde sacou semellantes novas. Di que ó ser elixido bispo polo clero e pobo atopábase, ben alleo a todo, cantando na igrexa de Moreruela cos demáis relixiosos cando, á vista de todos, unha branca pomba entrou voando no coro, foise dereita ó abade, e asentouse sobre a súa testa. Co_eceuse o que esto significaba cando máis tarde se soubo a nova da súa elección_.../... Conta, asi mesmo, que _o día da consagración o Espírito Santo baixou otra vez sobre a súa cabeza en figura de pomba___(5) De tódolos xeitos, este é un tema que os diversos autores abordan moi pouco, para centrarse de xeito especial na relación entre Froilán e o lobo. SAN FROILAN E O LOBO Se algún animal hai vencellado a San Froilán, e o feroz lobo, que el convertiu en animal de carga e de compa_a. Adóitase situar este feito no tempo en que Atilano se achegou a San Froilán. Quere a tradición que Froilán cami_ase polos montes de León... E que non levase máis impedimenta que os seus libros, especialmente a Biblia e úteis de escribir... (_Os libros necesarios para a predicacion_, segundo o Breviario Romano). Algúns autores falan de roupa, e ata duns mendrugos de pan. Suponse que Froilán non contaba para esa tarefa do transporte máis que coas súas forzas e a axuda dun burro que cargaba con tódalas súas pertenzas. E sucedeu - ó andar por lugares monta_osos e aillados - que lles saíu ó paso un lobo que - famento por longos aiunos- devorou ó burro porteador dos bens do santo. Pode ser que a súa faza_a puidese facela porque o santo estaba adicado á oración, e só ó remate desta co_ecera a traxedia do seu compa_eiro porteador.(O Santo estaría en oración - segundo Fr. Bernardo de la Pe_a- porque _era antes da alba_). Non sei se ousar dicir que o Santo montou en cólera diante da afrenta, ou si, simplemente, reconvíu ó lobo o seu proceder. O certo é que - como quere a tradición- o santo cargou ó lobo coas alforxas e desde entón o fero animal - vencido pola fe e polo amor -foi pacífico porteador das únicas _riquezas_ físicas que o santo Froilán posuía. E as representacións do santo contan coa figura do lobo ós seus pés, como inseparables. Outras versións falan dun can, que sería quizais un can lobo, e ramificacións da lenda indican que o can ou lobo non só tería que levar de por vida o escaso bagaxe do santo, senón que durante moito tempo subeu no seu lombo as pedras que o santo utilizaba para construir unha ermida no máis alto dun monte. _A tradición armonízase maravillosamente coa historia, ensinándonos que, se levaba consigo unha cabalería nas súas evanxélicas excursións, era para leva-los libros. Os autores segundo os que os anos que estivo en soedade pasounos ocupado na meditación e na lectura, contan unha cousa moi creible. Fillo de noble casa, compréndese que puidera adquirir moitos libros, ata cargar con eles unha cabalería..../...Eran entón moi caros. As continuas guerras destruíanos en gran número, e non deixaban a penas xentes que se adicara ás copias; e o pergameo encareceu notablemente desde que, dominado Exipto polos árabes, non se podía traguer Papiro a Europa. En Espa_a apreciábanse moito os libros; por eso había moitos en tempo de San Froilán, sobre todo de materias eclesiásticas, que eran os que podían servirlle para a predicación, para o que os levaba no burro, segundo reza o Breviario_. (5) _Tamayo Salazar, o famoso autor das Commemorationes Sanctorum, que todos sabemos a pouca autoridade que merece, engade pola súa conta detalles moi curiosos. Di que o Santo levaba sempre consigo o burro cargado de libros; e que con voz de mando chamou ó lobo para que vi_ese dar conta do seu feito, e que en presencia de moitísimos - plurimis- que seguían ó Santo, e coa cabeza baixa en actitud da maior mansedume, púxose de xionllos diante del e pediulle perdón do crime cometido, recibindo de penitencia o acompa_alo levando as alforxas cos libros, o que executou así durante moitos anos - permultis annis-. .../... É en realidade reparable que o diácono Xoan, ó escribi-la vida do ilustre bispo de León calase suceso tan asombroso. Consigna dous dos seus miragres. _Como deixa este en silencio?. Refiriu dúas marabillas que ninguén presenciou, que o Santo sendo tan humilde non contaria a ninguén, e que de todos modos se algún as negara, non podería probar, non sendo con novos prodixios. _Por que omitir un portento que todo o mundo podería observar, continuado durante varios días, e no que non cabía ilusión nin fraude?. Se hoxe un predicador trouxera consigo como besta de carga ó lobo feroz que lle devorara a cabalería, _podería este feito non impresio-nar vivamente, deixaría de conservarse por longo tempo na memoria das multitudes?. _E sería facil que quen escribise a súa vida, cando aínda non ti_an pasado quince anos da súa morte, omitise un feito tan extraordinario e tan ruidoso?. O Breviario da Catedral de Lugo, do século XIII, inclúe o Oficio de San Froilán con 9 leccións propias. Se en aquel século houbese tradición de tan estupendo caso, _como non po_elo entre os demáis que alí se contan?”._(5) _Nos seis séculos que mediaron entre o feito e a súa representación no coro da catedral leonesa, no cal aínda se traballaba en 1467, non hai que saibamos o máis insignificante testemu_o nin o menor vestixio de que existise en León, ou en calquera outra parte, noticia, nin crenza, nin tradición de tal miragre. Pero se en el non se creese, _como o escultor ousaría colocar xunto á figura de San Froilán a figura dun lobo cargado de libros?_Nin como a corporación capitular e o pobo llo houbesen tolerado?_._(5) _Posiblemente a primeira vez que aparece o lobo é precisamente no coro da catedral leonesa, gótico, do século XV: Considérase feita por artistas chegados de Flandes__(Julio Prado) Se Xoan diácono non menciona a lenda de Froilán e o lobo, ben puidera ser porque a lenda aínda non nacese, ou tamén porque - ó resultar o relato incomple-to, non chegarlle o espacio - non a dese influído no texto. Sexa como fose, é o punto -lenda ou non- máis co_ecido referente a San Froilán, e na inmensa maioría das súas representacións figura un lobo como acompa_ante do santo. E - como queren os conformistas - _se non é vero, é ben trovato_. Froilán, para nós, é pastor de almas pero tamén de feras, domesticadas no amor. Tan común é a costumbre de representar a San Froilán co lobo, que unha das poucas representacións sen el, é precisamente a de Ruitelán, e eso a pesar de que _alí transmítese de xeración en xeración que a fera o asaltou nunha das viaxes que facía desde Leon a Lugo___(7) A razón de Ruitelán é clara: é unha estatua transformada. A saber se o mesmo ocorrirá no Seminario leonés, onde hai unha estatua na que tampouco aparece o lobo. Pero son moi poucas as que o omiten. Sobre o lugar onde puidera ter sido este prodixio, tampouco hai moita coincidencia. Ademáis de Ruitelán, fálase de diversos lugares da xeografía vital do Santo, entreles Robles de Vegacervera, onde houbo en tempos unha Cofradía do Santo. E naturalmente, Valdorria, onde hai firme convicción sobre este feito. |

