![]() | FROILÁN, BISPO _por fin, á forza, deixouse ordenar para a sede de León”. Para J. Croisset, que o publicou no Año Cristiano, Froilán foi “un dos máis grandes bispos que tivo a Igrexa en España_. O bispado de Froilán foi en León, cidade _conquistada ós musulmáns hacia o ano 750 por Alfonso I, pero non foi repoboada ate os tempos de Ordo_o I (850-866). E a repoboación, como puntualiza a Crónica de Alfonso III, fíxose con continxentes asturianos e mozárabes”. (6) |
Historia III
| Nunha escritura do ano 904, figura como asinante Mauro, bispo de León. _Pero Mauro xa non era bispo de León nin no 899, en que presidía Vicencio; Ti_a renunciado á Mitra, o que non lle impedía, por ser así costume entón, autoriza-los instrumentos co título do seu antigo Bispado. San Rosendo, despois de retirado ó mosteiro de Celanova, seguía asinando nas escrituras como bispo de Mondo_e-do.../...e así por aquel tempo facían os bispos que renunciaban ás dióceses.../...polos moitos exemplos que hai de que nun mesmo documento asinen dous ou tres bispos nunha diócese, dos cuais un gobernábaa e os outros gobernára-na antes__(5). Por aqueles tempos a CURIA REGIS - o Consello de Ministros diríamos hoxe- estaba integrada tamén por bispos e abades. O abade de Tábara, por eso e porque co_ecía como ninguén o estado agrícola, social e relixioso daquelas comarcas, interveu, sen dúbida, repetidas veces nas deliberacións do órgano consultivo do Rei. E o Rei foi encari_ándose con el. Amador Vázquez Valcárcel indica que _a sona de santo acompa_ouno se non desde a súa mocidade, certamente desde a súa madurez, xa que o rei Magno (866-909) quixo facelo bispo de Leon en data anterior ó 900, que non podemos concretar xa que a diócese quedou vacante en 875, 878, 899 e 900”. _Vacante a sé bispal o ano 900 (Non se sabe se por morte ou renuncia do Bispo Vicencio, que en abril do mesmo ano asiste ó Concilio de Oviedo), o pobo leonés promoveu un clamor diante do pazo de Alfonso III, recén instalado na cidade, para que ocupase a silla bispal o abade de Távara, Froilán. O rei encheuse de ledicia oíndo este clamor, porque tamén el desexaba ter perto de sí ó santo frade_ (6). “Tiña entón San Froilán sesenta e oito anos de idade, e atopábase cheo de merecimentos, e na plenitude da súa gloriosa fama”. _Enviou o Rei un emisario da súa confianzza, que atopou na porta do convento ó propio San Froilan; pero crendo sería o porteiro, pidiulle permiso para entrar a visitar ó abade e díxolle o obxecto polo que quería velo. O finxido porteiro púxose a dicir tales cousas contra o Santo, que o enviado do Rei xulgou inutil pasar adiante e volveu contar ó seu se_or a equivocación padecida ó designar para Bispo a un relixioso de quen os propios súbditos ti_an formado tan triste xuicio. Mandou o Soberano outra vez o mesmo correo con máis persoas para que trouxesen ó Abade de Moreruela; e xúlguese a sorpresa do primeiro embaixador cando observou que o que tan mal antes ti_a falado de San Froilán era nada menos que San Froilán. Engade o bo Pai Atanasio que o santo Abade foi a León para ante o Rei protestar do seu nomeamento, e nada puido conseguir; que se lle consagrou en Moreruela; que houbo que ordealo de crego primeiro, porque nunca quixera recibir órdes sagradas”. (5) _Impú_ase facer preceder á consagración episcopal a presbiteral ou a do diaconado incluso, se é que tampouco a tivera recibido, xa que desde os comezos da Igrexa estaban desautorizadas as chamadas ordenacións _per saltum_, sendo o Concilio de Sardes o que no ano 347 decreta que un crego non poida ser elevado ó episcopado, senón por graos, e despois de ter recibido as ordes inferiores, no caso de que o bispo electo fose un simple seglar___(7) _A misión que levou a Tábara ou Moreruela á embaixada real ti_a non só como finalidade comunicar a San Froilán a súa designación para a sede de León, senón participar igualmente ó presbítero e prior San Atilano a encomenda que lle facía tamén Alfonso III para que asumise o episcopado da recen conquistada cidade de Zamora, tamén elevada á categoría de Diócese_. (7) Aquel Pentecostés do ano 900, na Igrexa Monacal de santa María da Régula, deixou outras dúas linguas de lume: unha sobre san Froilán, bispo de León, e a outra sobre o seu discípulo, San Atilano, bispo de Zamora. Estaban unidos polo destino de Deus. E, xuntos, ti_an orientado centos de almas hacia a soedade do mosteiro. Agora, separábaos a vontade de Deus manifestada mediante o Rei. Pero para reunilos, axi_a e definitivamente, no ceo e no catálogo dos santos_. (2) _Froilán volvía tristeiro un día e melancólico da corte leonesa, porque o rei déralle a mitra de León. Contaba daquela sesenta e oito anos, e abríase nun amanecer apocalíptico o novecentos. O báculo pastoral non lle serviría para soster o corpo, inda rexo e vital, senón pra encami_ar almas a Cristo; non había de ser só atributo, senón tamén agulla de orientación”. (1) _Don José González di do noso bispo que _é un vello, pero ansioso. Adícase ó seu ministerio cos brios dun rapaz. Recorre aldeas, cenobios, predica moito. É austero e exemplar_. Por certo que _O biógrafo dinos que Froilán recibiu unha educación esmerada e que na súa madureza foi presentado para bispo polo mesmo rei Alfonso III. Estes dous datos atestiguan claramente que se trataba dunha familia rica e noble, da primeira nobleza do reino. Só os fillos de familiares nobles recibían esa educación e só os nobles eran nomeados bispos_(6). _A consagración de San Froilán tivo efecto no primeiro ano do século X: A historia súa escrita na Biblia gótica do arquivo da Catedral de León remata coas palabras _Hic vir sanctus_, deixando incompleto o sentido. Pero no breviario de pergameo en folio desta Catedral, onde se atopa sin discrepar nin un punto a mesma relación, proséguese ata o remate, finalizando deste xeito: Vixit annnos septuaginta tribus; quinque ex eis episcopale gessit officium. Obiit era DCCCCXLIII. O que fai deducir que as leccións deste antiquísimo breviario e as páxinas referentes a San Froilán insertas na Biblia Gótica copiáronse dun mesmo orixinal, onde a vida estaba rematada do xeito que levamos dito. Agora ben, se San Froilán foi cinco anos bispo e morreu o ano 905, ou sexa na era 943, séguese que sentou na sede lexionense o ano 900”. (5) _Cinco anos nada máis botou no bispado; e ó cabo deles entrou no gozo de El Se_or, o cinco de outono do 905. O santoral enriqueceuse cun novo valor; Galicia conta nel con un fillo dos máis esclarecidos; e a Diócese de Lugo teno por gloria e por padroeiro___(1) Precisamente na Diócese leonesa estanse a preparar os actos en memoria de San Froilán, co gallo do 1.100 aniversario da súa entronización na Sé de León. O DON DA PROFECÍA O breviario gótico leonés, sobre o bispado de Froilán, sinala: “Este varón de Deus, cheo do Espírito Santo, empezou a predecir o futuro de toda a rexión, as guerras, as enfermidades, a fame, que virían. Ó mesmo rei, e ó clero todo, e ó universo pobo, constantemente lles anunciaba, como un profeta, o futuro. San Froilán, ó Clero e ó pobo en xeral, e en particular a cada persoa, vaticinaba como profeta o que había de suceder, e todos experimentaban a verdade dos seus anuncios; e engade o seu historiador que predeciu como viría sobre aquela rexión a enfermidade, a desolación, a pestilencia, a fame...” (5) _De tódalas profecías que fixo, foi moi sonada a que se refería ó seu gran amigo Alfonso III. Ninguén podía sospeitar que os últimos anos do Rei ían estar acibarados con traicións e disgustos, e de quen menos podía temerse, da súa mesma familia. Xa en 883 conspiraron contra el seus irmáns, que foron condena-dos a pena de perpétua cegueira. O seu consogro Nuno, o conde de Castela, non descansou ata po_er ó infante don García enfrente do seu pai. A súa muller dona Jimena azuzaba ós seus fillos, intrigaba cos condes, e ata aqueles castelos leoneses de Luna e de Arbolio viron ergue-lo brazo da traición contra un monarca que non fixera máis que ben a todos_. (J.González) Venceu o Rei ó Infante don García e aprisionouno; logo deixouno libre, non puido con aquel rasgo de xenerosidade vencer a súa inexplicable rebeldía. Dous anos durou a guerra civil, xa que os conxurados traidoramente se fixeran donos da linea de fortísimos castelos que o Rei levantara para deter as invasións dos mouros. Grande don Alfonso sempre, non querendo prolongar unha situación de que tantos males á patria se seguían, puxo en mans do seu fillo maior o cetro que tanto ambicionaba, pediulle licencia para organizar unha expedición contra os musulmáns, e despois de ter visitado como pelegrín o sepulcro do Apóstolo Santiago, humillou novamente os estandartes de Mahoma ó volver cargado de trofeos e de loureiro á súa querida Zamora, de onde San Atilano aínda era Bispo, expirou, deixando un nome preclarísimo á Historia___(5) _San Froilán, que ti_a descuberto a outros a súa futura sorte, tamén co_eceu a súa. Soubo a hora en que ía morrer, e antes de chega-lo día, _convocou a tódolos seus discípulos, así monxes como cregos; exhortounos a garda-los divinos mandamentos, instoulles a que perseverasen no exemplo da santa disciplina, e ordeou que cada un permanecese no estado e gracia que ti_a sido chamado, despois do que lles manifestou o día e hora en que ía de morrer_.(5) _Na documentación medieval non se especifica a enfermidade que levou á morte ó noso Santo, nin tampouco posuimos outro dato fóra do da ancianidade, posto que contaba xa 73 anos, idade verdadeiramente avanzada para aqueles tempos, en que abundaban as mortes prematuras ou ben cedo_. (5) Aquela santa alma saíu do corpo, penetrando no ceo entre coros de anxos. O seu cadaver foi sepultado no mausoleo que para sí tiña reservado o Rei Alfonso, na sede lexionense. Tres, catro ou cinco de outubro do ano 905 tivo lugar a morte do santo, segundo diversos autores. Inclinándose a Igrexa pola do cinco de outubro, sendo a data elixida para a súa festa, que reviste especial brillantez en León e Lugo. As expresións con que na Vida do Santo se pondera o efecto que produciu a nova da súa morte son en verdade conmovedores e revelan claramente o gran agarimo e a veneración filial que o historiador lle ti_a. _O clamor dos que xemían enchía os aires; as voces de dor facíanse oir de moi lonxe; a cidade encheuse de alaridos, de aies e de prantos; por rúas e prazas non se oían senon berros desgarra-dores; o pobo todo reuniuse dando voces ó ceo e dicindo: _Como nos deixas, oh, Pai? _como abandoas a grei que che foi encomendada?. Enviaronse emisarios a diversas partes, e de todas concurriron ó punto as xentes saloucando coa maior amargura, sen poder atopar consolo. Todos o amaban, todos lle ti_an agarimo, todos querían estalo vendo sempre. En antigos Leccionarios refírese que durante a súa enfermidade, e nos seus últimos momentos, acudiron moitos enfermos a velo e outros se encomendaban a el desde os seus leitos de dor, e a Omnipotencia divina, por intercesión súa, e pola fe que nel ti_an, obrou entón gran número de miragres. Autores antigos, como o adicionador de Bucelino, contan outra cousa que é moi verosimil: que _habendo recibido os Sacramentos, foi con sinais de Santo para cidadán da Groria; porque houbo un olor suavísimo no seu aposento e ós moitos días que estivo na igrexa sen poderlle dar sepultura, atopábase o corpo tratable, oloroso e milagroso para cantos chegaban a toca-lo féretro_. Felipe Ferrario, no Catálogo General de los Santos, asegura tamén que San Froilán fixo moitos miragres despois de morto, pero non di en que se funda para asegura-lo_(5). "Fora do escrito tomado da Vida escrita polo Diácono Xoan, o único dato seguro sobre o Santo Bispo consta nunha escritura pola que Don Alfonso Magno, o ano 38 do seu reinado, en 20 de febreiro do ano 905, doou á Catedral de Oviedo un castelo próximo, varias posesións e moitas alfaias. Nela aparece que San Froilán estaba entón en Oviedo..../... Despois dos Reis e dos Infantes asinou Gomelo, bispo de Oviedo, e a continuación San Froilán deste xeito: Sub Christi nomine Froylanus, Legionensis Episcopus. ../...Este documento acredita o agarimo que o Rei profesaba á igrexa de Leon e ó seu bispo San Froilán, porque lle concede unha mitade de tódalas igrexas que había in términis Astoricae usque in flumen Carrione in loco ubi nascitur et usque se jungit in Pisorga et usque Zamora___(5) FROILÁN, SANTO _Non houbo ninguén que, oída a súa predicación, ó instante non se convertise ó Se_or ». "Era pequeno de corpo e flaco de carnes, como convén a un apostol. As súas tallas de sillería dos coros de León e Lugo, dan idea de ser un home de rexa vontade, tan presto para evanxelizar ós humildes, como para erguer o caiado bispal en espresión conminatoria contra os grandes. Así, aquelas figuras venera-bles, afeitas á penitencia, vian caer ós seus pes a centos de persoas convertidas pola forza da súa voz___(1) O que antecede, escrito por Frei Gumersindo Placer, non encaixa coa realidade das dimensións dos ósos que se conservan, pero o erro está -ó parcer - baseado na traducción literal da palabra latina _corpusculum_, que contrasta co que sobre o tema sinala López Peláez: "Do patrón de Lugo só nos consta que era de axigantada estatura, o mesmo que dixemos de seu irmán, se é seu o cadaver enterrado na basílica lucense. Xoán Diácono e os Breviarios antigos copiaron neste, como case en todo, as súas palabras, e ó dicir que foi sepultado o seu corpo, chamoulle a este corpusculum, nome que non pode traducirse por corpo pequeno ou corpo endeble, e ten que tomarse como expresión de agarimo, no senso en que a empregaban os mesmos escritores clásicos latinos. A tibia de San Froilán que se trouxo á Catedral de Lugo, ti_a media vara de longo. E os que examinaron os osos existentes en Moreruela deron testemu_a de que pertencían a un home de grandísima estatu-ra___(5) O culto a Froilán por parte do pobo comezou desde o mesmo momento da súa morte. E a Igrexa, con posterioridade, non fixo máis que aceptar aquel fervor popular e reco_ecer que Froilán era santo porque as súas xentes, os seus diocesa-nos, así o decidiron. Proba desto tamén é o feito de que Xoán Diácono “se vexa obrigado moi cedo, no ano 920, de escribi-la súa vida”.(7) _O P. Risco anota que é antiquísimo o culto co que a Igrexa de León celebrou a memoria do seu Santo Bispo, e que se pode creer, que a súa veneración ven do mesmo século e tempo en que morreu.../... O Breviario aprobado por San Pio V nunha das súas leccións asegura, que o mesmo que San Atilano, foi Urbano II que gobernou a Igrexa entre os anos 1042 e 1099 quen o incluiu no catálogo dos santos. De ter sucedido así, o Papa limitouse a reco_ecer o plebiscito a favor da súa santidade feito por distintas igrexas locais, como as de León, Lugo, Composte-la, Burgos, Palencia, etc…(7) "Non hai constancia de que a Santa Sé dera decreto algún relacionado coa súa beatificación ou canonización, alomenos do xeito que actualmente se fai. Limitouse a aproba-lo culto que de antigo se lle daba, así como as lecturas que tiñan que empregarse no seu culto litúrxico que chegou a ser obrigatorio na Igrexa universal, e festa con octava en Espa_a”. (3) "O noso bispo morreu en Leon o ano 905, en olor de santidade, como se desprende da súa primeira biografía. Pero o seu culto litúrxico debeu encontrar algunhas dificultades. Polo visto, naqueles tempos, non era doado introducir un novo nome nos calendarios, e un novo oficio nos libros chamados Antifonario, Leccionario, etc… O noso santo non figura no Antifonario escrito en León na primeira metade do século X, uns trinta anos despois da súa morte, e nin siquera nas adicións feitas ó mesmo a fins do século XI. Tampouco figura nos Kalendarios leoneses do século XII. De aquí podemos deducir que o seu culto litúrxico non foi introducido antes da traslación das súas reliquias de Moreruela á catedral, hacia 1175. E nefecto as primeiras testemu_as dese culto datan de fins do século XII, pois desa época son tanto o Leccionario leonés, como o Breviario lucense, nos que xa figuran as súas Leccións e, no último, o seu Oficio_. "A fins do século XI, Pelayo, bispo de Oviedo, fala xa de San Froilán, Obispo_. En 1573, o papa Gregorio XIII, establece a festa de San Froilán, e menciónao como falecido no século X. Da Diócese de Lugo, segundo Pallares, foi declarado Padroeiro o 12 xu_o de 1605 por Decreto da Sagrada Congregación de Ritos, e alomenos desde entón hai noticia do seu culto na Diócese e cidade_. (3) CAPELAS, COFRADÍAS E PARROQUIAS Lugo conta na Catedral con capela adicada a San Froilán desde o século XV ( parece ser que entre 1475 e 1480). Sería unha capeli_a pequena, na que estaba situado o sepulcro do seu promotor, Don Gómez García de Gaioso. Logo, no 1611, esta capela sería aumentada coa de Santo Domingo dos Reis, para formar a actual capela do Pilar, así chamada pola imaxe alí instalada en virtude de legado destinado ó efecto polo contralto aragonés don Simón Berges, e un retablo e un altar na honra da Pilarica, obra de Luaces. "O bispo Armanyá, en outubro de 1773, en vista de que a capela absidal de Santiago non era apta para as funcións parroquiais ás que estaba destinada, pensou en construir outra e nela coloca-lo Santísimo Sacramento para telo máis expedito para as necesidades pastorais, e poder adicar aquela a San Froilán. Pero a iniciativa non tivo éxito pola oposición do cabildo, o que debeu de cambiar de opinión posteriormente xa que en xu_o de 1785, meses despois de ter sido promovido Armanyá a Tarragona, acordou colocar unhas reixas de ferro na porta existente entre a Catedral e a Capela que se estaba construíndo_. (3) En 1850, Santiago pasou á Nova e San Pedro á capela do convento de San Francisco. Na actualidade leva o nome de Capela de San Froilán unha, separada da anterior por dúas dependencias da Catedral, na que están situadas a imaxe do Santo e os tres medallóns, todos eles obra de Manuel de Luaces. Nela atópase o chamado Sepulcro de San Froila e una vidrieira coa imaxe de San Froilán. No fondo desta capela gárdanse as imaxes das Cofradías do Bo Xesús e do Santo Cristo do Perdón. Nas terras leonesas non hai Capelas ó xeito da de Lugo. Sí houbo en tempos Capelanías de San Froilán en Vegacerneja (fins do século XVI ou comezos do XVII), e na igrexa parroquial de Villanueva del Carnero. E cofradías de San Pedro e San Froilán en Sariegos, Llanera e Robles de Vegacervera. Tamén en Lugo houbo unha Cofradía, dúas veces centenaria. Creouna o bispo Valdemora na Catedral en 1610, precisamente o ano no que caiu na Catedral un raio que fixo considerables desperfectos sen causar víctimas. Esta cofradía desapareceu hacia 1834”. _(Na Cofradía) ó comezo,como sucede sempre, había moito entusiasmo. Acordaron que tódolos prebendados darían dous ducados de entrada, que todos os que lles sucederan se obrigaban a ser cofrades, e que non se lles dera posesión mentras non pagaran estes ducados___(3) Segundo Amador López Valcárcel, o entusiasmo inicial decaíu pronto. En 1639 non houbo festa porque Sancho Méndez, cofrade seglar, se resistiu a ser mordomo. En 1641 tampouco había mordomo seglar e houbo que nomear dous capitulares para que compu_eran a capela do Santo, facendo a procesión sen danza. En 1672, Frei Juan Asensio reformou as constitucións da Cofradía de San Froilán da Catedral, corrixindo algúns abusos que se daban na celebración das súas festas... Sucedéronse diversos problemas, especialmente porque o Concello non nomeaba mordomos seglares. _A vida da cofradía segue con bastante languidez durante a primeira metade do século XVIII. Co pretexto de que en xullo de 1772 o Rei Carlos III prohibiu disparar cohetes nas festas, acordou que o mordomo entrégase ó fabriqueiro da catedral 1.650 reais para sufraga-las festas relixiosas. En maio de 1833 o bispo, se_or Sánchez Rangel, reduciu a 600 reais esta cantidade, e desde este momento pérdese de vista a Cofradía catedralicia de San Froilán”. O que sí pervive na actualidade, tanto en Lugo como en León, é cadansúa parroquia adicada a San Froilán. En Lugo, xa con tradición máis que centenaria. En León, moito máis recente. A parroquia de San Froilán en Lugo é _a única adicada a este Santo na Diócese de Lugo. Creada ós dez séculos da súa existencia terrea. Erixida nesta cidade como consecuencia do arreglo parroquial do ano 1891, asignóuselle como sé a antiga igrexa do Hospital de San Bartolomé ou da Congregación de San Xoan de Deus, como aínda se lle chama entre as persoas non precisamente vellas”. (3) Unha imaxe de San Froilán situada en lugar preferente do altar mayor sinala que aquela é a parroquia do Santo Padroeiro da Cidade e Diócese lucense. Polo que a León se refire, a parroquia de San Froilán naceu en 1975, cando o bispo Larrea y Legarreta creou a parroquia de San Froilán, nun baixo na rúa Frei Luís de León. Na actualidade, a parroquia leonesa de san Froilán (tamén co_ecida como La Chantría) conta cun moderno templo no que á beira do seu altar se venera unha talla do santo. E cada cinco de outubro, celébrase festa relixiosa e popular a San Froilán. Volvendo a Lugo, e para pechar este capítulo, hai que facer constar que se foi posible contar cunha parroquia adicada a San Froilán, non o foi - a pesar das diversas tentativas- contar cunha capela no lugar onde se supón que foi o seu nacemento: un anceio desde hai máis de 300 anos. Xa o 4 de xullo de 1651, o bispo don Francisco de Torres Sánchez Roa, manifestou ó Cabildo a súa intención de facer unha capela na honra de San Froilán no lugar onde naceu, polo que encarga busquen nos papeis antigos os datos necesarios para fixa-lo seu emprazamento. O prelado quería honrar deste xeito ó santo porque se atopaba desahuciado polos médicos, e _ten por certo que a súa saúde tena por medio do se_or San Froilán_. Pide ó Cabildo que ceda o terreo correspondentemente mediante a compensación oportuna. Pero todo quedou só no seu bo desexo xa que faleceu o 14 do mesmo mes. A seguinte tentativa correu a cargo do Bispo Francisco Armanyá que recibiu a negativa capitular ó seu proxecto de construcción da capela de San Froilán. Por fin, en 1746, o Dean Anguiano _informou ós seus compa_eiros de Cabildo sobre a oferta que un devoto facía de 100 doblóns para construi-la capela do Santo. O proxecto fracasou porque, despois de tres anos de loita, o doante - diante da tardanza - gastou os seus doblóns en outras obras piadosas_. SANTA FROILA A tradición quere que Santa Froila, que sería a nai de San Froilán, morta cando este era frade no convento de Tábara, estea soterrada nun sepulcro na capela que hogano se chama de San Froilán, da Catedral de Lugo. _Chámaselle sempre Dona Froila, e o título de don indica a súa nobleza, xa que non era entón cando significaba baixeza de orixe ou se reservaba para os xudeus, sendo causa de que por humildade o adoptasen os frades. O sepulcro, magnífico, é unha proba do ilustre da súa alcurnia e da abundancia de bens da súa familia, ainda que moita parte para erixilo puido te-la devoción dos fieis”. (5) Este sepulcro - que García Conde consideraba a tumba de Odoario - foi calificado de _curioso_ por Murguía, é _interesante_ para López Peláez, _digno de mención_ para López Ferreiro, e _de labra arcaica e maxistral_ para Vázquez Saco. Pertence ó segundo periodo da escultura cristiana, e probablemente se labrou antes do século XII. É de riquísimo alabastro e na cuberta ten a figura unha muller espida totalmente e tendida sobre un lenzo. Unha man aparece no aire, sinalando aquel rostro fermosísimo, no que os ollos pechados diríase que miran ó ceo a través das súas pálpebras de pedra. Un anxo, de fermosa cabeza na que se apoia a santa, sostén e eleva unha punta do lenzo, colocado inmediatamente sobre a tapa da sepultura, e outros dous cóllena polas mans e os pés en actitude de levala consigo. A un extremo, un frade sentado, cun libro aberto sobre os xionllos, contempla a escea como en éxtase. Cantos o ven pensan ó momento no santo fillo de dona Froila___(5) _Monumento tan inapreciable para a arte e para a historia estivo centos de anos erguido vara e media do chan e metido na metade da parede do coro, ó lado do Evanxeo, perto de onde se atopaba a pía da auga bendita. O Bispo López Gallo, ó ensanchar, a comezos do século XVII, a capela do Santo, trasladou a esta o sepulcro da Nai. O P. Lobera, na Historia de San Froilán, advirte que non hai memoria de terse aberto nunca o sepulcro de súa nai”. (5) Opina Jaime Delgado que se en principio o sepulcro foi prerrománico, avanzado o século XII este sepulcro foi _fermoseado_, _ben para revalorizalo, ben para reutilizalo_. E así nunha das súas lisas vertentes esculpeuse a fermosa e xa co_ecida escea da alma levada polos anxos ó ceo_. Gosta este autor de respeta-la tradición ou lenda e acepta que sexa o sepulcro unha _plasmación do santo e sabio solitario e despois bispo lexionense, san Froilán, que de súpeto se ve sorprendido por unha visión. E así interrumpe o seu estudio-meditación para ver como os anxos levan ó ceo a alma da súa nai Santa Froila_. Conclúe Delgado Gómez que este sepulcro tal como agora está, é unha obra de dúas etapas diversas. Unha altomedieval, á que pertence a súa estructura, e outra de embelecemento esculturado realizada probablemente na segunda metade do século XII. O sepulcro tivo un primeiro destinatario, que debeu se-la nai de San Froilán, Santa Froila. Logo, no século XII, foi reutilizado para outro gran persoeiro, que probablemente foi o bispo Juan I_. _(Risco) di, tomado, aínda que non o diga, de Pallares, que este Prelado quixo abrir o sepulcro de Santa Froila e por xustos motivos non o fixo. Esto tomouno Pallares de Lobera, que escribiu en 1598, ou sexa medio século despois do pontificado do Sr. Tristán. Ogallá o tivera feito, pois Froila non é nome de muller, e esa tradición é un dislate_ (4). _Escritor tan xuicioso como o P. Angel Manrique atestigua que por interce-sión de Dona Froila ten obrado Deus moitos miragres. Un historiador de tan severa crítica como o foi o P. Risco asegura que _os fieis te_en frecuentado sempre con gran devoción este sepulcro, e te_en por certo que alí obrou Deus grandes marabi-llas nos enfermos que pediron a saude por intercesión da santa_. Autores antigos daban testemu_a de que se lle reco_ecía por especial avogada dos enfermos de dores de cabeza e moas”. (5) O coengo lucense D. Juan Pallares e Gaioso, na Historia de Santa María de Lugo de los Ojos Grandes, que escribíu no século XVII, sustenta a tese de que o culto de Dona Froila é de santidade canonizable. Apóiase para elo nun Breve de Urbano VIII, de 1625, e na autoridade do P. Azor. Engade que según a opinión común dos doctores, _con miragres e marabillas se reforza a canonización equivalente, de tempo inmemorial veneran os fieis por Santa a Santa Froila, e ofrécenlle cultos de agradecidos ós favores que do ceo reciben pola súa intercesión. Prosegue que _se antes da prohibición de Alejandro III os bispos nas súas dióceses tiveron facultade para canoniza-los santos propios... antes do ano 1159 en que foi elixido Alejandro III houbo a expresa ou tácita da Sede apostólica, e calquera delas abonda_, ó reparo de que só a inmemorial tradición de santidade é a que ten, conforme ás últimas declaracións pontificias, a aprobación da Sede Apostólica, responde que en elas mesmas se advirte _non se-la súa intención perxudicar ós santos que se veneran por común consentimento da Igrexa, ou por inmemorial transcurso do tempo; co que o culto de Santa Froila, de tempo inmmemorial e antes de Alejandro III, publica a súa santidade_, e para probar que o culto de Dona Froila é culto público, fúndase nas palabras do Trulense, de que _po_er no templo en público as reliquias para adoralas, é culto público_, e na doctrina de Contelano, autor do Tractatus de Sanctorum canonizatione, quen califica de culto público, non só o que se da no nome da Igrexa senon o que se fai por particulares, con tal de que sexa en lugar público. Noutra parte do libro refire que vira os osos da nai de san Froilán e que _despiden fragancia_.../...E aínda puidéramos dicir que a crenza na súa santidade consta no feito de tela enterrado no templo; pois, segundo demostra o Sr. López Ferreiro no seu libro Tradiciones Populares Acerca del Sepulcro del Apostol Santiago, aínda no século XII se observaba o canon 18 do Concilio Bracarense que prohibía dar sepultura ós cadáveres nas igrexas”. (5) Amador Vázquez Valcárcel nega rotundamente que alí estea sepultada Santa Froila, e eu plégome ó seu saber, pero recollo todo o indicado porque tampouco son eu quen para silenciar o que antecede. RESTOS DE SAN FROILÁN En Febreiro de 1996, os leoneses levaron unha afortunada sorpresa. Nunha arqueta da catedral apareceu o sudario que cubreu os restos de San Froilán, e que aínda conserva as pegadas do corpo do Santo. Durante as obras de remodelación do Museo Diocesano e Catedralicio de Leon, o seu Director, Máximo Gómez Rascón, observou que unha arqueta do século XVII, tallada en homenaxe a San Froilán, ti_a a parte inferior desprendida. Cando se procedeu á súa apertura, apareceu o sudario do Santo, que se coidaba estaría entre as reliquias que se conservan nunha furna situada no presbiterio da Catedral. O lenzo, de li_o, ten máis de dous metros de longo e de ancho, cunha cenefa duns 19 centímetros, na que aparecen técnicas de tapicería mozárabes, propias - segundo se dí - do século X e que dan idea da relevancia que Froilán acadou, xa que este tipo de ornamentación e tecidos, reservábase para os persoeiros verdadeira-mente relevantes. O Director do Museo leonés indica que, desde comezos de século, sabíase da existencia dun sudario de fío branco de 2,77 en cadro. Unha delicada cenefa tecida con sedas de cores corre ó longo dunha das beiras do lenzo, que se atopa atado con dous cabos de fio dos que pendía un selo de cera_. Sepultado na catedral de León, no sepulcro que Alfonso III o Magno ti_a reservado para sí mesmo, os seus restos pasaron logo á nova catedral, coincidindo coa coroación do Rei Ordo_o II o 914. (Hacia o ano 916, din algúns autores) . _O biógrafo indica por fin, que o santo Bispo foi sepultado na mesma cidade de León, nunha sepultura mandada facer por ou para o mesmo rei. A frase é ambigua, e pode encerrar ámbolos dous sentidos. Coido máis probable que se trata dunha sepultura construída por orde do Rei para o santo Bispo. Parece maís dificil pensar que o Rei, en canto chegou á cidade, dispuxera o seu propio enterramento. Esto supo_endo que o latín empregado por Xoan non é sempre correcto”. (6) Cando ó remate do século X (990 ó 992) Almanzor destrúe a cidade, as reliquias do Santo pasaron por diversos mosteiros asturianos, para logo ser depositadas na igrexa de San Juan de Valdecésar, cedida polos reis Ordo_o e Elvira ó abade Servando para que se edificase un mosteiro en lugar que o Santo ti_a habitado. Diante do perigo de invasión de Almanzor, as reliquias de San Froilán trasladáronse “non ós montes de Navarra, como escreben alguns autores enganados cos vocablos de Pyrineos e Valdecésar, que usan os nosos antigos, senón a unha das montañas de Leon, en que estaba fundado o mosteiro de Valdecésar. Posadilla, sen citar fonte, adianta o traslado ó ano 992". (7) Por fin foron levados parece que clandestinamente (alomenos non se co_ecen as razóns) ó mosteiro zamorano de Moreruela, o que veu producir un pleito entre os frades deste Mosteiro e o Cabildo Catedralicio de León por conservar aqueles restos. _Hasta agora ignórase quen fixo esta violenta traslación contra a vontade e o dereito da cidade de León, lexítima posuidora daquelas sagras reliquias. Os cistercienses deste mosteiro atribuiron este feito a dona Berenguela, filla de don Sancho o Poboador, segundo Rei de Portugal, e irmán de Santa Teresa, a muller do rei Don Alfonso IX de León, e engade _pero esto dise sen máis fundamento que a grande devoción daquela se_ora á Orde do Cister e particularmente á casa de Moreruela. A voz común - conclúe- di terse feita a traslación por unha Infanta ou Princesa; pero non se pode asegurar quen foi, como tampouco o ano en que esto sucedeu_. (7). _Alí permaneceu ata que o botaron de menos os de León, non pasado algún tempo, como di Risco, senón moito máis dun século; xa que ata o reinado de Fernando II non comezaron as xestións para recabar, de mans dos Cistercienses, aquel inestimable tesouro de que ti_an sido fraudulentamente desposuidos___(Díaz-Jiménez) Foi o Cardenal Jacinto, Legado Papal (logo Papa Alexandre XII), en 1191, quen ordenou que os restos de San Froilán se dividisen en dúas mitades para contentar a ámbalas dúas partes: A igrexa de León e o Convento de Moreruela. "O certo é que hacia 1175 as reliquias atopábanse neste convento zamorano, porque Lucas de Tui atestigua que de alí foron trasladadas, alomenos parcialmente, á catedral de León, hacia eses anos. Non precisa este escritor a data exacta cando di: _En aquel tempo (referírase antes á época do bispo Manrique 1181-1205), ocurriu unha cousa maravillosa. Traguendo do mosteiro de Moreruela para León o corpo de San Froilán con grande pompa e aparato, como santo tan glorioso convi_a, en todo o cami_o por onde traguían os sagrados osos, e arredor, chovía mel, en tanta abundancia que chegaba afluir en regatos das árbores e dos cabelos de homes e animais___(6) En León celébrase cada 11 de agosto a conmemoración do traslado destas reliquias, que se conservan nun sepulcro colocado no retablo maior, e un friso da portada da Catedral reproduce a chegada a León dos restos do Santo. Esta Catedral conserva, así mesmo, o caliz e as vinaxeiras que Froilán utilizaba cando dicía misa. As reliquias de San Froilán, despois da súa chegada a León, non consta onde estiveron depositadas, se ben cabe pensar que nun relicario digno e no Altar Maior, ata que no ano 1519, por non parecer o máis axeitado o anterior de prata, o tesoureiro Pedro Juan encargou outro máis suntuoso aproveitando a vecindade de Enrique de Arfe en León e que se rematou o ano seguinte, e se co_ece na docu-mentación da Catedral como Arca de San Froilán,e que é fundamentalmente a que hoxe está exposta no Altar Maior. (7) O Cabildo lucense desexaba que en Lugo houbese algunha reliquia do Santo lucense, padroeiro da Cidade. Froito de diversas xestións, _en Abril de 1614, tráese de Moreruela unha reliquia de San Froilán, venerada desde entón na Catedral.../...Contan as crónicas que o Bispo recibiuna vestido de pontifical na ermida de San Roque, desde onde a trouxo procesionalmente ata a capela maior da Catedral, acompa_ado do Cabildo, relixiosos, Rexedor da Cidade (Fernando Sanjurjo), e pobo en xeral.../...Así mesmo á Catedral de Lugo vi_eron uns corporais que o santo usaba para misar. Estas reliquias gárdanse nun brazo de prata, colocado verticalmente, coa man en actitude de bendecir, que ostenta un anel entregado polo P. Frei Plácido Rei Lemos. Poden ser veneradas polos fieis co gallo das festas do santo, desde o catro de outubro ata a octava da súa festividade”. (3) Cando a exclaustración, a mediados do século XIX, os restos que se atopaban en Moreruela voltaron á catedral de León. AS FESTAS NA HONRA DO SANTO Amador Vázquez Valcárcel, Secretario xeral do Bispado de Lugo e prestixio-so historiador da Diócese sinala que é problemático situa-lo _comezo do culto a este santo na cidade e Diócese de Lugo. Non é temerario afirmar que o testemu_o histórico máis antigo de que dispomos do comezo do culto a San Froilán, atópase aquí nun valioso códice que se garda no noso arquivo capitular, co_ecido entre os entendidos na materia polo apelativo de Breviario Lucense, ainda que outros prefiren chamalo Misal. As dúas denominacións lle son aplicables, xa que na súa estructura se atopan as características de que participan ámbolos dous intrumentos litúrxicos. É un volume escrito con letra gótica monacal en 427 follas de pergameo, de 27 por 17 centímetros, encadernado con tapas de madeira de carballo recubertas de coiro. Cóidase confeccionado no século XII ou ó sumo no XIII. Nesta última parte é onde se atopan os textos relativos á festividade de San Froilán,o que non quere dicir que o culto non estivera xa introducido antes nesta Igrexa. Pallares informa que, en virtude de disposición emitida pola Santa Sede en 12 de xu_o de 1605, tódolos cregos seculares e regulares, sen excepción ningunha, debían celebrar a San Froilán como padroeiro deste bispado, ó que o editor de Argos Divina engadiu que desde 1695 celebran a súa festa tódalas Igrexas de Espa_a. O 5 de outubro, celébrase a festa de San Froilán en Lugo e León. E o mesmo día, o de San Atilano en Zamora. Hai constancia desde o século XVII, de existir na capital lucense festa profana e relixiosa na honra deste santo. Xa en tempos do bispo Don Pedro de Castro e Nero (24-9-1601), acordouse celebrar como de Tabla a festa de San Froilán, en base a oficio que se atopaba no Breviario de Pergameo do s. XIII ou XIV. O 12-9-1716, recibiuse carta do Cabildo de León sobre que a Santa Sede fixara a celebración de San Froilán no Santoral para o día 5 de outubro. O 22 de setembro de 1733, tamén do Cabildo leonés, chega a nova de que - tal e como se pedía desde 1697- se dispo_ía que se recitara o oficio de san Froilán con categoría de segunda clase para tódalas Catedrais de Espa_a e coa de rito doble para a Igrexa universal. Na actualidade ten a categoría de solemnidade na Catedral lucense e de festa no resto das Dióceses. Polo que á festa profana se refire, houbo festas (e feiras) na honra de San Froilán en diversos lugares: Valdepiélago, Guardo... Parece ser que a festa sempre se celebrou tanto en León como en Lugo, nos primeiros días do mes de outubro. Pero só en León se celebra a conmemoración da traslación dos seus restos. Na actualidade podemos asistir, na honra do Santo, ás festas de San Froilán, especialmente en León e Lugo. A ocasión festeira máis importante do ano en canto a festa popular, esto é o San Froilán en Lugo. Se o Corpus é a maior festa de Lugo e de Galicia, pola Ofrenda do Antigo Reino de Galicia a Xesús Sacramentado, a festa popular transcorre do 4 ó 12 de outubro. Tradicionalmente eran feiras e festas, pero as feiras foron languidecendo e as festas medrando. Rematadas as faenas do campo era o momento en que a xente campesi_a dos arredores de Lugo e aínda de toda a provincia vi_ese á capital. Hoxe -que todo cambia e todo cambiou- as festas son importantísimo acontecemento cultural, social, gastronómico... Lugo estoupa en festas e as xentes por milleiros invaden a cidade. O día 5, San Froilán, e o Domingo das Mozas, o inmediato seguinte, son as datas máis importantes. Na honra do santo celébrase Misa solemne á que acode a Corporación lucense. E o Alcalde de Lugo, xunto co Presidente da casa de León en Lugo, fan Ofrenda ó Santo no altar maior da Catedral. Para os lucenses, hoxe, San Froilán é sinal de festa. E co nome do santo, co pretexto do Santo, Lugo demostra que está vivo como pobo, e fai demostración de vitalidade que é un xeito de facer demostración de Fe. En León, o día de San Froilán, o mesmo que en Lugo, é festa local. Na Catedral celébrase misa solemne con asistencia das autoridades, reverénciase e bícase a reliquia do santo, sácase en procesión a imaxe e o pendón, e celébrase entre outros festexos un desfile de carros engalanados. E, dentro de León, na parroquia de San Froilán, celébranse como patronais grandes festas na honra do noso (e seu) santo. En Valdorria, as festas te_en lugar no mes de maio, continuación das antigas Rogativas. Na actualidade, consérvase unha ermida no máis alto da comarca de Curue_o, con 365 pelda_os tallados na rocha, un por cada día do ano, que o peregrino debe subir en lembranza dos traballos de Froilán, para chegar á que foi homilde morada do santo. Cóidase que foi a comezos do século XVI cando comezou a crenza de que alí viviu San Froilán. Así, cada primeiro de maio, os habitantes da comarca, presididos polos seus Rexedores, suben en rogativa ó alto do monte honrando ó Santo Froilán. Esta romaría de Valdorria consta desde que Frei Atanasio Lobera dese conta dela (1585) pola visita que fixo o Bispo don Francisco de Trujillo, para peregrinar e decir misa na ermida. Consta a existencia dunha imaxe do santo e unha vella casulla verde, obxectos de especial veneración. Celébrase tamén o día de San Froilán unha romería no Santuario da Virxe da Velilla. Pero a festa maior nas terras de León, ten lugar no que antes era Santuario e hoxe case cidade de La Virgen del Camino, que celebra a Romaría o día cinco de outubro, o día do santo. A festa comezou sendo unha procesión de rogativas á Virxe, levando tamén a Arca de San Froilán, polo que a devoción ó Santo foise incrementando, chegando a eclipsa-la da Virxe e preponderando cada vez máis a do noso santo. Por fin, en Ruitelán, celébrase Romaría na honra de San Froilán, festa á que acoden xentes de todo o Val do Valcarce. DE LUGO A LEÓN: ITINERARIO ICONOGRÁFICO Froilán é algo común -o mellor vencello- entre Lugo e León; símbolo relixioso; símbolo humano - forxado a través da historia e da lenda - nacido en Lugo para a gloria, glorificado en León para maior honra do Señor. As imaxes son símbolo de devoción, de lembranza. Onde haxa pegadas físicas - representacións - de San Froilán, alí en maior ou menor medida segue viva a memoria do noso santo. As lembranzas que nos quedan de Froilán, amósannolo ás veces como un frade, pero as máis con figura de bispo, con mitra e báculo; mesmo o hábito de frade pode aparecer debaixo das vestiduras de bispo. Cada artista ocupouse de recrear un San Froilán, e de asignarlle ó padroeiro de Lugo uns rasgos sereos, varonís, cunha beleza repousada, santa beleza habería case que dicir. Sempre seco ou serio. Algunhas, como apesarado. Chamoume a atención a seriedade que reflicte a imaxe de Froilán, a través das súas representacións... Consulteino con Julio Prado, párroco de Sabero (León), especialista en San Froilán, e indica que moi posiblemente sexa debido ó seu carácter de ermita_o... daquela, a imaxe de ermita_o correspondía á dun home adusto, que escapaba do mundo, que vivía en condicións moi duras, sometido a tódalas privacións. Ese foi o caso de Froilán. A abundancia de representacións do santo permítenos establecer un itinerario pola Iconografía, polas lembranzas físicas de San Froilán, que se o comezamos no lugar onde se supón que foi o Regueiro dos Hortos, teremos que continuar pola Catedral lucense. Na Catedral, na súa fachada principal - que da á Muralla-, recíbenos a xa mencionada escultura en pedra, obra de Santiago Cuatrigas Baamonde, de 1787. Dentro da Catedral, a mellor xoia é unha tabla na sillería do coro, obra de Moure, que o representa segundo Inocencio Portabales - mencionado por Narciso Peinado - _revestido de alba, capa pluvial e mitra. Aparece de frente, calzado, co báculo na man esquerda, na que á vez ten unha cesta feita de bimbios coa tapadeira colgante. Co índice da man dereita, con aneis nos dedos pulgar e anular, sinala cara o chan mentras un lobo con alforxas cheas de libros mira de fito en fito ó que tan imperiosamente lle manda face-las veces de burro de carga. Do alto descenden dúas pombas que se dirixen á boca do vello bispo de León_. Esta talla foi recreada nun magnífico gravado polo artista lucense Castro Gil, e unha copia dela feita en tabla está situada na parte dereita do altar da Capela do Pilar. Con referencia ós cestos de bimbios, algún escritor indicou que o santo sabía aproveitar moi ben o tempo, e no que lle quedaba libre adicábase a confeccionar estes utensilios. Na capela do Santo existen dous medallóns - un a cada lado do altar - representando a súa Consagración como Bispo e a predicación ó pobo. Na predicación escoita un grupo atento. Algún, sentado como sinal de autoridade. No máis alto do retablo, relevo no que o santo está en actidude orante, vestido de frade. As tallas son de madeira policromada, obra de Manuel de Luaces, de 1796. No centro do altar, imaxe do Santo que se coida é de F. Moure. Completa a lembranza de Froilán nesta capela unha vidreira, situada no lateral da capela, na que aparece o Santo co lobo, e as pombas sobre el. Non me resisto a recoller a imaxe existente no chamado sepulcro de Santa Froila, que representa a un frade lendo un libro, no que tradicionalmente se quere ver ó propio San Froilán. Esto, sexa dito con tódalas reservas. _O P. Lobera di que está a figura chea de cera e algo negra das moitas candeas que po_en sobre ela os que alí acoden buscar saúde ou dar gracias por tela recibido. E todos bican e abrazan aquela figura do frade, en reverencia de San Froilán___(5) Na capela maior da Catedral, na parte alta, hai unha vidreira do Santo (identificada como _S. Froylanus_), a segunda á esquerda mirando hacia o altar maior, na que figura o Santo coas dúas pombas, tiara e báculo. Non figura o lobo. E, en fin, na Catedral, a lembranza máis verdadeira a xeito de reliquia: Unha tibia, gardada nun brazo de prata, e os corporais que utilizaba para misar. Fóra da Catedral, existe unha imaxe de San Froilán, no altar maior da igrexa parroquial do mesmo nome, única da Diócese con esta advocación. A estatua é obra de Manuel Miranda, do ano 1943. Así mesmo,nesta igrexa, existe unha vidreira moderna na fachada, coa imaxe do Santo. Na parroquia do SagradoCorazón de Lugo hai unha imaxe en pedra do Santo, que procede do campanil dunha capela que houbo nos terreos da inmediata Estación de Renfe. En Santa Maria de Muxa, hai unha obra da autoría de Andrés Rodríguez Calvo, párroco que foi daquela parroquia. Ó parecer no seu momento non foi considerada apta para o culto polo que quedou en Muxa. Dentro do Concello de Lugo, en Santa María Magdalena de Coeses, existe un cadro de San Froilán no altar da capela do Pazo do Pombal. Ocupa a parte esquerda do retablo e foi pintado por Manuel Castinandi (_Esta capela fíxose por orde do Sr. D. José María Gayoso o ano 830, e os seus fermosos cadros pintounos Manuel Castinandi..._) Asi mesmo, en Anllo e Barbadelo hai cadansúa capela coa imaxe do Santo Froilán. En San Esteban de Anllo, do concello de Sober, tratase dunha capela de propiedade particular. En Santiago de Barbadelo, outra propiedade da Igrexa. Catro elementos máis quedan por mencionar para rematar este recorrido iconográfico de San Froilán por Lugo: O cemiterio municipal, o Seminario Maior, unha rúa e unha campá. Seminario e cemiterio lucense levan o mesmo nome: San Froilán. A rúa, está situada nas inmediacións da Igrexa parroquial adicada ó Santo. _A campá en cuestión é a que ainda hoxe co_ecemos co apelativo de Froilana, que se atopa no lado oriental da torre. Pesaba arredor de 1.311 kilos. Ten 141 cm. de diámetro. Púxose en servicio en 1719”. (4) Converso co párroco de Meira que me indica que na igrexa parroquial (antigo mosteiro benedictino) existe unha cadro de San Froilán, actualmente en proceso de restauro. E dúas imaxes, unha delas portando un peixe (con toda certidume, San Atilano), coidándose que a outra é San Froilán. Na man non ten báculo, pero sí o xeito de telo levado. Jesús Guerra Mosquera, no seu libro _San Froilán_, fala dunha imaxe do santo _de vestir, fóra do culto_, e un cadro houbo en tempos - non o dei localizado- na capela do Pazo bispal lucense. Por pura casualide descubro, na mesma capital lucense, unha inscultura de San Froilán, totalmente desco_ecida. Está gravada pola parte posterior do monu-mento a Pelúdez, na praza da Constitución. Pelúdez é un persoaxe imaxinario, vencellado ás festas de san Froilán, que representa ás xentes e ás falas do agro lugués de outrora. Esta referencia ó Santo é pouco máis que anecdótica, pero coido obrigado facela. Por fin -e xa para deixar Galicia- Xesús Mato, crego na monta_a lucense, cóntame que no Seixo, pobo de San Lorenzo de Pacios (Pedrafita), hai unha capela de San Froilán, sen imaxe, onde se fai festa ó Santo. Imos de Lugo hacia Leon, buscando as pegadas de Froilán. Fóra da provincia de Lugo, o primeiro lugar a deterse é Ruitelán, onde existe a Ermida de San Froilán, na que se atopa unha estatua en pedra que o representa. O certo é que esta estatua reflectía ó Papa San Pio V, e estaba situada nunha fonte do claustro do pazo bispal de Lugo. Cambióuselle a tiara por unha mitra, e pasou a representar a San Froilán. A estatua está no alto da ermida, e esta nunha empinada ladeira. Accédese ó templo subindo trinta e nove escalóns. O altar esta vacío; a imaxe que alí había levouse, por seguridade, para a igrexa parroquial. Detrás do altar, a cova onde se di que estivo San Froilán. Está valeira, e nela non se aposenta ningún animal, nin se precisa facer limpeza nunca. Na Igrexa parroquial, imaxe de San Froilán, bendecindo. Acompá_ao o lobo. Na man dereita leva escrito JHS. No altar, á esquerda, talla pequena dun bispo, con báculo. A xente da parroquia acláranos que non é San Froilán, senón que corres-ponde a San Esteban, cos dedos en actitude de bendecir. Julio de Prado recolle a mención a unha lenda que hai na comarca sobre os ratos que roían os alimentos e enseres do Santo. Consérvase na zona, pero con variantes. Na visita a Ruitelán, onde os veci_os me facilitaron o acceso ó interior da igrexa parroquial, unha se_ora contounos unha variante desta lenda, segundo a que eran os coellos os que roían os libros do santo. E que algo debeu pasar, porque na actualidade, segundo dí, non hai coellos na zona de Ruitelán. Algúns supo_en que Froilán foi Se_or destas terras, e que ese se_orío - o mesmo que fixo o Bispo Sisnando - o levou consigo a León. Algunha relación deste tipo puido haber cando perto de Sabero, no norte leonés, ben lonxe das terras lucenses, existe o territorio co_ecido como _Los gallegos_, formado polos pobos de Alexe e Villallantre, e cando os de Sabero van por alí adoitan dicir _Voy hasta Galicia_. Seguimos cami_o a León, porque se os lucenses coidabamos ter abonda representación do noso Santo, León tena e ben notable. Ben é verdade que Froilán en Lugo só estivo de neno ata os 18 anos, idade na que comezou a súa vida pública. E esta vida, axetreada e complicada polas cousas da Fe, viviuna toda en Leon. Xa ás portas da capital leonesa, a primeira lembranza vívese no Santuario da Virgen del Camino. Nel atópase a chamada Porta de San Froilán, un Retablo do Altar (do século XVII), e unha imaxe de gran devoción. Chama a atención a magnífica e orixinal porta feita por Subirachs en 1959. Nela, reflíctense pasaxes da vida do santo: Froilán con Atilano na cova, Catedral, Alfonso o Magno, datas nas que naceu e morreu... Na porta lémbrase ó que foi _esclarecido en milagros, rico en virtudes, San Froilán, obispo de León, ermita_o insigne, modelo de monjes..._ A porta ten chamado - desde o primeiro momento - a atención dos devotos leoneses... E ó pasar xunto a ela as mans - como ás agachadas- pasan por algún dos elementos e acari_an o naris da fermosísima escultura de Froilán. E así mentras a porta presenta un tono metálico escuro, apomazado, brillan como con lus propia a cuncha de peregrino, a cruz (que ven se-lo pomo da porta), e o naris de Froilán. É verdadeiramente chamativa a devoción existente a San Froilán neste santuario, só explicable porque en tempos de rogativas sacaban en procesión a imaxe da Virxe e a Arca de San Froilán. Un romance popular canta: “...a través de luengos a_os han transmitido los siglos el día cinco de octubre, día de San Froilán bendito, de esta Sede de León, hoy Patrón, ayer Obispo...” (7). A mellor representación de Froilán está, lóxicamente, na Catedral leonesa. Alí atopamos unha estatua en pedra, obra atribuída a Juan de Juni, situada no trascoro do templo. Segundo o Director do Museo Catedralicio leonés, a obra aínda que atribuída a Juan de Juni, é de Esteban Jordán, xa que Juan de Juni nunca chegou a traballar na catedral. A Catedral ten adicado ó Santo a portada chamada do Mediodia ou de San Froilán. No alto, un pináculo que remata cunha estatua do Santo en pedra. No tímpano, escenificación do traslado dos seus restos. No altar maior está a obra de Nicolás Francés, do século XV, que reflicte imaxes da vida do Santo, como o miragre das pombas, a entrevista con Alfonso III, e a Consagración bispal de San Froilán e San Atilano... Naturalmente, a xoia da Catedral é o sepulcro en prata coas reliquias, obra de Enrique de Arfe, situado no altar maior. A imaxe máis antiga que se conserva é a situada no parteluz da porta meridional da catedral de León, do s. XIII, que Julio Prado considera _unha das pioneiras en ser colocadas en lugar tan relevante, ata entón reservado só a Cristo e os Apóstolos_. Era costume entón en Francia _colocar a imaxe dos santos patronos nos parteluces das portadas, adoptándose igualmente esta modalidade na nosa Catedral (de León), dada a súa influencia e similitude recibidas das do país veci_o_. (7) Asi mesmo, na Catedral, hai unha vidrieira do século XIII, na capela chamada do Nacimento, e un relevo no coro gótico, do século XV, coa identificación _S.Froy-lanus__ na que aparece con báculo. Acompá_ao o lobo cos libros. Ten expresión serea, como de cansazo. Leva a lenda _Ina/more/jugi/teri_. E a represen-tación máis antiga que se co_ece de San Froilán co lobo. E, por fin, no Museo Diocesano e Catedralicio consérvase unha figura de plata, de comezos do século XIX. Na mesma capital hai cadansúa estatua de San Froilán no Pazo Bispal, na que non aparece o lobo (S.XVII), caso ben raro; e na escalinata do seminario Conciliar (século XIX). Neste Seminario, que leva o nome de San Froilán, existe asi mesmo unha pintura do Santo, na que aparece un vello san Froilán, _sentado na gloria e rodeado de anxos_. E na súa fachada unha talla do presente século. Existe tamén unha imaxe do Santo, na parroquia que leva o seu nome. En Granja de Moreruela, hai unha estatua do século XVII. Procede do antigo mosteiro, e está situada na Igrexa Parroquial. Barroca, amosa un Froilán que sostén na man dereita unha igrexa. Como en Lugo, tamén unha campá da Catedral se chama _Froilana_. Fundírona en 1794 e volveuse a fundir en 1929. É a maior da Diócese de León cun peso de 1.500 kgs. (Case douscentos máis que a de Lugo) e 154 cms. de diámetro. Ten inscrita a lenda de _Sancte Froylane_, polo que é vulgarmente co_ecida como _La Froilana_, deixándose oi-los seus toques únicamente nas grandes solemnidades ou co gallo de destacados acontecementos_ (7). Esta campá ten un son grave e solemne. O mesmo que en Lugo, recibía o nome do Santo o Cementerio antigo, situado na estrada de Asturias. Tamén o Seminario leonés está adicado a San Froilán, como se nas dúas cidades -Lugo e León- quixesen simbolizar na adicación destes centros a espiritua-lidade e sabedoría do noso común padroeiro. A maiores, en León, funciona unha Fundación Piadosa de San Froilán para a financiación de oficios eclesiásticos, e levan o nome do Santo unha Avenida, unha praza, e uns grandes almacéns. Houbo, asi mesmo, un Hospital de San Froilán, que logo foi Instituto, Facultade de Veterinaria e Arquivo Histórico. Fóra xa da capital, en Sahagún, estatua do Santo, esculpida no século XVIII. Na actualidade está no Museo do Mosteiro de monxas benedictinas.A razón da tradición da devoción de San Froilán en Sahagún, é o coidar que o Santo viviu baxo da Regla de San Benito. Outra estatua do século XVIII, existe na igrexa parroquial de Valdepiéla-go (Cóidase que aquí estiveron ou se atoparon Froilán e Atilano antes de subir ó Curcurrino). E unha máis na igrexa de San Xoan de Valderas. Así mesmo existe, cadansúa imaxe en Villanueva del Carnero (alí houbo en tempos festas na honra de San Froilán), Santuario da Virgen de la Velilla (S.XVII), en Vegacerneja, Villaverde de Arriba, Boadilla de Rioseco e Lantadilla de Pisuerga (Palencia). Finalmente, en Valdorría, unha Pena leva o nome do Santo. Nas súas abas está a gruta na que Froilán se acolleu durante a súa etapa de vida de anacoreta. Mención especial merece este lugar, xa que aquí se edificou unha capela na que se gardaba un pequeno arcón, no que se dí se conservaban obxectos que pertenceron ó Santo. Na actualidade, unhas vidreiras completan a súa lembranza. VIVIRÁS POR SEMPRE Remata a viaxe física por Lugo e por León, polas palabras dos entendidos e polas páxinas dos libros que falan de ti, Froilán. E comprobo que - mil cen anos despois - estás vivo. Porque se ninguén morre mentras que alguén o lembra, moitos milleiros de persoas seguen a lembrarse de ti, seguen a manterte vivo na súa lembranza, na túa devoción. Sexa porque un neno recibe o teu nome, e o neno é especial, e tódolos medios de comunicación do País falan de Froilán... Sexa porque as Festas dos pobos que contigo tiveron vencello emparellan o teu nome coa ledicia... Sexa porque devotos fieles á túa historia ou lenda se axionllan diante das túas imaxes a pregar axuda ou agradecer favores... Os habitantes de Ruitelán gardan a túa capela e a túa imaxe co maior dos agarimos. Os estudiosos da túa obra -aínda co_ecendo que moito do que se dí son esaxeracións- namóranse da túa figura, do teu xeito de pasar pola vida. As xentes de León e Lugo dispútanse -sen decilo- a túa pertenza como veci_o esgrevio... E eu remato vencido polo teu peso, pola túa presencia, pola túa influencia a través do tempo, declarándote actual, presente, vivo, por estalo en todos nós, coas palabras coas que rematan as súas intervencións os pregoeiros das festas do San Froilán lucense: ¡Viva San Froilán!. (Eu sei que vivirás por sempre). Bibliografía "EL LIBRO DE LOS SANTOS_ (Andrés Pardo-José Antulo) "1.000 NOMES GALEGOS_ _DOS MIL NOMBRES GALLEGOS__(Francisco Lanza Álvarez) _LUGO Y SUS HOMBRES__(Salvador Castro Freire). _DICCIONARIO DE NOMES GALEGOS_. Dtor.: Xesús Ferro Ruibal.Vigo,1992. "DICCIONARIO DE Hª ECLESIÁSTICA DE ESPA_A__(Dtor. Quintín Aldea Vaquero) "LOS NOMBRES DE PILA ESPA_OLES__(Consuelo García Gallarín) “DICCIONARIO DE LOS SANTOS DE TODOS LOS DÍAS” (Dom Philippe Rouillard) ENCICLOPEDIA ESPASA-CALPE "LOS PATRONOS DE ZAMORA, SAN ILDEFONSO Y SAN ATILANO_ (Vicente Bécares Botas). Zamora, 1990. _SAN ILDEFONSO Y SAN ATILANO. V CENTENARIO DE LA ELEVACIÓN DE LOS CUERPOS SANTOS” (Zamora, 1996). "EL ASÍ LLAMADO “SEPULCRO DE SANTA FROILA_ DE LA CATEDRAL LUCENSE” (Jaime Delgado Gómez). _RELIQUIAS DE LA IGLESIA DE LEON__(Juan Eloy Díaz-Jiménez) León, 1901. _SAN FROILÁN_. Logos (Fr.Gumersindo Placer) (1) _SANGOS GALLEGOS_ (Cesáreo Gil Atrio). (2) _HISTORIAS LUCENSES__(Amador Vázquez Valcárcel) (3) _EPISCOPOLOGIO LUCENSE__(Antonio Gª Conde-Amador López Valcarcel) (4) _SAN FROILÁN_ (A.López Peláez) (5). _SAN FROILÁN, OBISPO DE LEON_. Hispania Sacra (José M_ Canal Sánchez-Pagín) (6) "SIGUIENDO LAS HUELLAS DE SAN FROILÁN__(Julio de Prado Reyero) (7) _ZAMORA ILUSTRADA__(Urcisino Alvarez Martínez) _CULTO A SAN FROILÁN__(Amador Vázquez Valcárcel).El Progreso, Lugo- 1998. _GRAN ENCICLOPEDIA GALLEGA__(Alberto Vilanova) _SAN FROILÁN__(Xoán Diácono) _SAN FROILÁN__(Adolfo de Abel Vilela) _SAN FROILÁN_ (Jesús Guerra Mosquera) - Conversas don Amador Vázquez Valcarcel, Julio de Prado Reyero, Máximo Gómez Rascón e tantos outros, que foron proporcionándome elementos para este traballo. Notas: * Os números -1- ó -7-, que se indican na Bibliografía, corresponden ás mencións que se efectuaron no texto. * Diversas mencións de autores (P. Croiset, Mariana, Lobera, Risco, Pallares, Castro Freire, Aldea Baquero, J.González, Riva, N. Pinferrer, Villegas, Yepes, Quintana Prieto, García Gallarín, Philippe Rouillard, Flores, García Villada, I. Flores de Lemus, Francisco Tarasa, Sanmartín Sastre, Cavestani, Pérez de Urbel, B. De la Peña, Tamayo Salazar, Ferrario, Murguía, Vázquez Saco, Angel Manrique, Posadilla, Portabales, Peinado...) non aparecen na Bibliografía, debido a que estas informacións aparecen en outros libros, como no de Cesáreo Gil Atrio (_Santos Gallegos_), Amador Vázquez Valcárcel (_Historias Lucenses_), A.López Pe-laez (_San Froilán_), ou Julio de Prado Reyero (_Siguiendo las huellas de San Froilán”). O autor quere deixar constancia do seu agradecemento a D. AMADOR LÓPEZ VALCARCEL e D. JULIO DE PRADO REYERO, que -en Lugo e León, respectivamente - son os que máis co_ecen e queren a SAN FROILÁN. |

